Cénit
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En astronomía, cénit (ou zenit) é o punto superior da esfera celeste, segundo a perspectiva dun observador na superficie do astro onde se atopa. É o marco referencial de localización de posicións de obxectos celestes. Resulta da intersección entre a vertical do observador e a esfera celeste. É dicir, imaxinando unha recta que pasa polo centro da Terra e pola nosa situación na superficie, o cénit atópase sobre esa recta, por riba das nosas cabezas: é o punto máis alto do ceo sobre nós.
O punto diametralmente oposto sobre a esfera celeste en relación ó cenit chámase nadir.
[editar] Véxase tamén
| Glosario de Astronomía |
|
Acimut | Afelio | Albedo | Bóveda celeste | Burato negro | Cénit | Corpo celeste | Clasificación estelar | Diagrama de Hertzsprung-Russell | Eclíptica | Eclipse | Efeméride | Ecuador celeste | Equinoccio | Esfera celeste | Estrela | Gravidade | Hemisferio celestial norte | Hemisferio celestial sur | Luminosidade | Intensidade de radiación | Magnitude absoluta | Magnitude aparente | Magnitude bolométrica | Nadir | Órbita | Perihelio | Planeta | Precesión | Solsticio | Tránsito | Trópico | Universo |
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa astronomía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |