Álvaro Soler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁlvaro Soler

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Alvaro Tauchert Soler Editar o valor em Wikidata
9 de xaneiro de 1991 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Sant Cugat del Vallès, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña
Alemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónGerman School of Barcelona (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica pop e música popular Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , compositor de cancións , cantante de pop Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2015 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoMúsica de América Latina, folk-pop (pt) Traducir e pop latino Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá, lingua castelá, lingua inglesa, lingua italiana, lingua alemá e lingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra, upright piano (en) Traducir, Frauta, voz e Xilófono Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoUniversal Music Group Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaSofia Ellar (pt) Traducir (2016–2021) Editar o valor em Wikidata

Páxina webalvarosoler.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm7715662 Facebook: alvarosolermusic Twitter: asolermusic Instagram: alvarosolermusic Youtube: UCe24PRI-Jy5sOz0nmYXQMSA TikTok: asolermusic Spotify: 2urF8dgLVfDjunO0pcHUEe iTunes: 977177120 Last fm: Alvaro+Soler Musicbrainz: 4863c533-61cd-4287-93a1-3157732ecfd5 Songkick: 8545379 Discogs: 4455133 Allmusic: mn0003381819 Deezer: 7688746 Genius: Alvaro-soler Editar o valor em Wikidata

Álvaro Tauchert Soler, nado en Sant Cugat del Vallès o 9 de xaneiro de 1991, coñecido artisticamente como Álvaro Soler, é un cantante e compositor hispano-alemán. Deuse a coñecer polo éxito do seu primeiro sinxelo, El mismo sol, no verán de 2015. Unha versión da canción, xunto a Jennifer Lopez, ocupou os primeiros postos das listas musicais de máis de 25 países de Europa e Latinoamérica.[1] Un ano despois lanza o sinxelo Sofía. O vídeo oficial alcanzou máis de seiscentos millóns de reproducións en Youtube, co que logrou así un novo éxito.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De pai alemán e nai belga-española, pasou a primeira infancia na cidade de Sant Cugat del Vallès, a escasos quilómetros da súa cidade de nacemento.[4] Aos dez anos trasladouse a Toquio por motivos laborais do pai, até que con dezasete volveu a Barcelona. É políglota, fala español, catalán, alemán, inglés, francés, italiano e xaponés.[5][6][7]

2010-2014: Urban Lights[editar | editar a fonte]

En 2010 creou co seu irmán Gregory e outros amigos o grupo Urban Lights,[8] que mesturaba pop británico, electrónico e indie. Realizaron concertos en diferentes salas de Barcelona e mesmo participaron no concurso ¡Tú sí que vales!, onde chegaron á final.[9][10]

Durante eses anos, Soler compaxinaba a música cos estudos de enxeñaría en Deseño industrial en ELISAVA.[11][12][13]

2015-actualidade: «El mismo sol» e álbum debut Eterno Agosto[editar | editar a fonte]

A principios de 2015, Álvaro mudouse a Berlín, e alí gravou o seu primeiro sinxelo en solitario, El mismo sol. Tivo un grande éxito en Italia e Suíza, onde chegou a ser nº1 en vendas. Tamén entrou nas listas doutros países europeos como Alemaña, Francia, Bélxica, Austria ou os Países Baixos. Foi artista convidado na terceira edición do concurso The Voice of Italy.[14][15]

En iTunes entrou nas listas de 30 países europeos. Chegou a ser a 16ª canción máis descargada en Europa[16] e a 38ª a nivel mundial.[17] O 10 de agosto dese ano publicouse unha versión da canción, en español e inglés, xunto a Jennifer Lopez.[18][19] A finais de agosto comezaron a gravar o videoclip en Nova York.[20]

Debido ao impacto de El mismo sol en Italia e Suíza, decidiuse estrear en Italia o seu primeiro disco en solitario, Eterno Agosto, que entrou nas listas musicais de ambos países.[21] A finais de agosto estreouse en Francia e, durante o outono, en España.[22]

O 15 de abril de 2016 empezou a radiodifusión do sinxelo Sofía. O seu videoclip superou os catrocentos millóns de reproducións.

A cantante mexicana Thalía convidouno a participar nunha canción da versión de luxo do seu novo álbum, cuxo lanzamento estaba previsto para finais de 2017.[Cómpre referencia]

O 8 de abril de 2016 anunciouse que Soler sería xuíz da décima edición italiana de X Factor. O grupo Soul System, do seu equipo, foi o gañador da edición. [Cómpre referencia]

O 16 de xuño de 2017 publicou a súa colaboración co grupo colombiano Morat, "Yo contigo, tu conmigo", para a película Despicable Me 3, estreada ese mesmo ano. A canción conseguiu o disco de platino en España e en Italia, xunto co premio de Los 40 Principales á Canción do Ano Nacional.

O 29 de marzo de 2018 publicou un novo sinxelo, La Cintura. O 7 de setembro lanzouse o seu novo álbum, "Mar de Colores". Foi presentado xunto ao sinxelo La Cintura. Editouse tamén un remix coa colaboración de Flo Rida e Martina Stoessel.

En abril de 2020 publicou o sinxelo «Barrer a casa», composto durante o confinamento por consecuencia da pandemia de coronavirus. Composto e interpretado xunto a Sofía Ellar,[23] trata sobre a corentena, cunha mención ao «aplauso sanitario».

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Lista de álbums, con posicións en listas e certificacións
Título Detalles de álbum Mellores posicións Certificacións
ESP[24] ALE[25] AUT[26] BEL (FL)[27] FRA[28] ITA[29] POL[30] SUI[31]
Eterno agosto
  • Lanzamento: 26 de xuño de 2015
  • Discográfica: Airforce 1 Records, Universal Music
  • Formatos: CD, Descarga dixital
25 5 6 68 79 1 1 1
Mar de Colores
  • Lanzamento: 7 de setembro de 2018
  • Discográfica: Airforce 1 Records, Universal Music
  • Formatos: CD, Descarga dixital
9 8 8 26 10 2 4
Magia
  • Lanzamento: 2021
  • Discográfica: Airforce 1 Records, Universal Music
  • Formatos: CD, Descarga dixital
3
"—" Denota unha gravación que non foi lanzada nese territorio

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Lista de sinxelos como artista principal, con posicións en lista e certificacións, ano de lanzamento e nome do álbum
Ano Título Mellores Posicións Certificacións Álbum
 España ESP[24]  Alemaña ALE[25]  Austria AUT[26]  Bélxica BEL (FL)[27]  Francia FRA[28]  Italia ITA[29]  Polonia POL[30]   Suíza SUI[31]
2015 El mismo sol (En solitario ou con Jennifer Lopez) 6 20 6 8 31 1 1 1 Eterno Agosto
Agosto 1
2016 Sofía 7 23 3 1 9 1 1 1
Libre (con Paty Cantú, Emma Marrone ou Monika Lewczuk) 26 1
2017 Animal 7
Yo contigo, tú conmigo (The Gong Gong Song) (con Morat) 18 29 18 Mar de Colores
2018 La Cintura (En solitario ou con Flo Rida & Tini) 3 7 8 3 121 2 3 4
Lo Mismo (con Maître Gims e Jugglerz)
2019 Loca 23 21 12 95
La Libertad 62 51 28 67 65
2020 Barrer a casa (con Sofía Ellar) Sen álbum
2021 Magia 100 Magia
"—" indica que a canción non conseguiu entrar na lista de éxitos ou non foi lanzada nese territorio.

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Programa Posto País
2013 ¡Tú sí que vales! Finalista España
2015 Tu cara me suena Invitado
2017 Tu cara me suena
X Factor Xuíz Italia
2018 Fama, ¡a bailar! Invitado España
Bailando con las estrellas
Operación Triunfo 2018
2019 La mejor canción jamás cantada
2021 The Voice Kids Coach Alemaña

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Ano Candidatura Resultado
2012 Primavera Sound Finalista[56][57]
2015 Coca Cola Summer Festival Gañador[58]
Premio 40 Principales ao mellor artista revelación nacional Gañador
2016 European Border Breakers Award - España Gañador
Latin American Music Award ao Novo Artista do Ano Nomeado
Latin American Music Award ao Novo Artista - Pop/Rock Nomeado
Latin American Music Award a la Canción Favorita - Pop/Rock Nomeado
MTV Europe Music Award ao Mellor Artista Español Nomeado
2017 Swiss Music Award Best Breaking Act International Gañador
Premio 40 Principales á Canción do Ano Nacional (Yo contigo, tú conmigo (The Gong Gong Song)) Gañador

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El español Álvaro Soler nos reveló cómo J.Lo le cambió la vida". Arquivado dende o orixinal o 7 de setembro de 2018. Consultado o 22 de abril de 2017. 
  2. "Álvaro Soler llevará Sofía a Madrid y Barcelona" (en castelán). Cadena 100. 18 de xaneiro de 2017. Consultado o 30 de marzo de 2017. Sofía non só alcanza o éxito de El Mismo Sol, senón que supera todos os éxitos conseguidos con El Mismo Sol en moito menos tempo. (...) Tamén che lembramos que Álvaro Soler, nado en Barcelona, viviu no Xapón, Alemaña e España medrando nun ámbito multicultural. Ten 4 fillos 
  3. "Álvaro Soler: su éxito en datos - Cadena Dial". Cadena Dial (en castelán). 23 de xaneiro de 2017. Consultado o 30 de marzo de 2017. O videoclip de ‘Sofía’ ten máis de 600 millóns de reproducións en todo o mundo, con 2,5 millóns diarias. 
  4. Cuatro.com (14 de xaneiro de 2017). "Álvaro Soler: "No quiero hacer una cosa más bestia que 'Sofía'"". Cuatro Noticias (en castelán). Consultado o 30 de marzo de 2017. Soler naceu en Barcelona, mudouse a Sant Cugat (Barcelona) e, tras pasar parte da infancia no Xapón, hai dous anos que reside en Berlín (Alemaña) 
  5. Álvaro Soler, un babel con “patas” ¡español, catalán, alemán, inglés, italiano y japonés!
  6. "Alvaro Soler Bio, Age, Career, Relationship, Height, & Net Worth" (en inglés). 21 de decembro de 2018. Consultado o 4 de maio de 2020. 
  7. Fombella, Iván (17 de xuño de 2015). "Álvaro Soler, la 'voce'". El Mundo (en castelán). Consultado o 30 de marzo de 2017. Naceu en Barcelona, de nai española e pai alemán, medrou no Xapón, vive en Berlín... e triunfa en Italia. (...) Si, eu síntome bastante español e sempre que vou a Barcelona síntome ben. Teño alí toda a familia e apetéceme sempre volver. Mais teño a mesma sensación en toda España. 
  8. "Urban Lights, de 20 a 23 años, grupo musical" (en castelán). Telecinco. 15 de abril de 2013. Consultado o 30 de marzo de 2017. 
  9. "Biografía de Urban Lights". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2016. Consultado o 9 de agosto de 2015. 
  10. Arandes, Berta (19 de xuño de 2012). "Componer para ayudar, la filosofía de Urban Lights". El Periódico (en castelán). Consultado o 30 de marzo de 2017. 
  11. "Álvaro Soler: 'Me puse de meta dos años. Si no conseguía nada, olvidaría la música'". El Mundo (en castelán). 22 de setembre de 2015. Consultado o 30 de marzo de 2017. Con 17 anos regresou a Barcelona para estudar Enxeñaría Industrial. A música seguíao acompañando.(...) Tras titularse, quixo apostar polo seu soño. "Púxenme de meta dous anos.(...) Unha semana despois de acabar a universidade, xunto a Urban Ligths, asinou un contrato de autor con Sony 
  12. "Los 10 secretos del éxito de Álvaro Soler - Cadena Dial". Cadena Dial (en castelán). 10 de agosto de 2016. Consultado o 30 de marzo de 2017. Álvaro Soler nunca descoidou os estudos e durante unha etapa estivo compaxinando os proxectos musicais coa carreira de enxeñaría industrial. O gran éxito que tiveron as súas últimas cancións obrigouno a centrarse na música e deixar a un lado, polo menos temporalmente, o grao universitario. 
  13. "Álvaro Soler, el catalán que actuó con JLo en Las Vegas". La Vanguardia. 13 de febreiro de 2016. Consultado o 30 de marzo de 2017. A adolescencia foi testemuña do seu espertar musical, aínda que nunca deixou os estudos e cursou Enxeñaría Industrial para ser diseñador de coches 
  14. "La canción del verano en tierras transalpinas lleva la firma de un barcelonés el es mi novio de gissell :)". 
  15. "Ventas en listas semanales europeas". 
  16. "Ventas en Itunes el 22 de agosto de 2015 a nivel europeo". 
  17. "Ventas en Itunes el 22 de agosto de 2015 a nivel mundial". 
  18. "Jennifer López y Álvaro Soler, nueva versión". 
  19. "Fecha de estreno de "el mismo sol" con Jennifer López". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2015. 
  20. "Videoclip con Jennifer López". 
  21. "Ventas de Eterno Agosto". 
  22. "Jennifer Lopez y Álvaro Soler lo van a petar". Los 40 (en castelán). 27 de agosto de 2015. Consultado o 30 de marzo de 2017. 
  23. "Sofía Ellar y Álvaro Soler - Barrer a Casa" (en castelán). 2 de abril de 2020. Consultado o 11 de abril de 2020. 
  24. 24,0 24,1 "DISCOGRAPHY ALVARO SOLER". Hung Medien. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  25. 25,0 25,1 "DISCOGRAPHIE ALVARO SOLER". Hung Medien. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  26. 26,0 26,1 "DISCOGRAPHIE ALVARO SOLER". Hung Medien. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  27. 27,0 27,1 "ALVARO SOLER". Hung Medien. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  28. 28,0 28,1 "DISCOGRAPHIE ALVARO SOLER". Hung Medien. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  29. 29,0 29,1 "DISCOGRAPHIE ALVARO SOLER". Hung Medien. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  30. 30,0 30,1 Para «Eterno Agosto»: "OLIS". olis.onyx.pl (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  31. 31,0 31,1 "ALVARO SOLER". Hung Medien. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  32. "GOLD-/PLATIN-DATENBANK". BVMI. Consultado o 26 de febreiro de 2020. 
  33. 33,0 33,1 33,2 33,3 Para visualizar as certificacións escribir "Alvaro Soler" na barra "Interpret", posteriormente premer "Suchen": "Gold & Platin". IFPI (en alemán). Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  34. "Certificazioni". IFPI (en italiano). Consultado o 22 de xullo de 2017. 
  35. 35,0 35,1 35,2 35,3 "Bestsellery". ZPAV. Consultado o 12 de outubro de 2017. 
  36. 36,0 36,1 36,2 "AWARDS". Hung Medien. Consultado o 31 de marzo de 2017. 
  37. "Bestsellery". ZPAV. Consultado o 26 de febreiro de 2020. 
  38. "Alvaro Soler feat Jennifer Lopez El Mimmo Sol". elportaldemusica.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2017. Consultado o 31 de xaneiro de 2017.  Arquivado 24 de xuño de 2017 en Wayback Machine.
  39. "GOLD-/PLATIN-DATENBANK". BVMI. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  40. "GOUD EN PLATINA". Ultratop. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  41. "Certificazioni". FIMI. Consultado o 12 de agosto de 2017. 
  42. "Alvaro Soler Sofia". elportaldemusica.es. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  43. "GOLD-/PLATIN-DATENBANK". BVMI. Consultado o 26 de febreiro de 2020. 
  44. "GOUD EN PLATINA". Ultratop. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  45. 45,0 45,1 "Les Certifications". SNEP. Consultado o 26 de febreiro de 2020. 
  46. "Certificazioni". FIMI. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  47. "Certificazioni". FIMI. Consultado o 31 de xaneiro de 2017. 
  48. "Morat y Alvaro Soler - Yo Contigo, Tú Conmigo (The Gong Gong Song)". elportaldemusica.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2017. Consultado o 12 de outubro de 2017.  Arquivado 13 de outubro de 2017 en Wayback Machine.
  49. "Certificazioni". FIMI. Consultado o 12 de outubro de 2017. 
  50. "Alvaro Soler - La Cintura". elportaldemusica.es. Consultado o 26 de febreiro de 2020. 
  51. "GOLD-/PLATIN-DATENBANK". BVMI. Consultado o 10 de setembro de 2018. 
  52. "GOUD EN PLATINA". Ultratop. Consultado o 11 de novembro de 2018. 
  53. "Certificazioni". FIMI. Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  54. "Certificazioni". FIMI. Consultado o 26 de febreiro de 2020. 
  55. "Alvaro Soler - Magia". elportaldemusica.es. Consultado o 16 de novembro de 2021. 
  56. "Urban Lights en Primavera Sound". 
  57. "Urban Lights y el sueño del Primavera Sound". 
  58. "Ganador del Coca Cola Summer Festival y doble disco de platino". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2018. Consultado o 08 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]