Xilófono
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O xilófono é un instrumento de percusión, idiófono, formado por láminas de madeira, normalmente de Pao Rosa ou Pao Santo (madeiras moi apreciadas e custosas). Estas láminas están dispostas de maneira cromática e soan ao ser golpeadas por baquetas. Os xilófonos caracterízanse por seren de tamaño pequeno. Existe unha variedade de xilófono chamada xilo-marimba, con características que se atopan entre as dos dous instrumentos.