Thalía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thalía no concerto en Los Angeles (2004).

Ariadna Thalía Sodi Miranda [1], coñecida como Thalía, nada en Cidade de México o 26 de agosto de 1971, é unha cantante, actriz e empresaria mexicana. Acadou sona con temas como "Piel Morena", "Amor a la Mexicana", "Arrasando", "Tú y Yo", "No Me Enseñaste", "Amar Sin Ser Amada" ou "Equivocada". Ademais, soubo situarse no mundo anglosaxón co seu primeiro disco en inglés e colocou singles como "I want you" no top ten estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla de Ernesto Sodi Pallarés e Yolanda Miranda Mange. Dende moi pequena, os seus pais encamiñárona cara ao mundo da actuación e a música facéndoa tomar clases de ballet e piano. Dende nena, participou en concursos de música, anuncios e unha película. En 1984, intégrase na versión adolescente da posta en escena Vaselina (Grease), compartindo créditos con algúns dos integrantes de Timbiriche tendo o papel estelar "Sandy" substituíndo a Sasha Sokol. Nun principio a súa participación era de apoio, pero co tempo obtivo o papel estelar na produción.

En 1986, integrouse en Timbiriche, en substitución de Sasha Sokol. Comparte créditos con Eduardo Capetillo, Erick Rubín, Diego Schoening, Mariana Garza, Edith Márquez, Alix Bauer, Bibi Gaytán e Paulina Rubio, e será substituida por Patricia Tanús. Grava 4 discos co grupo e un maxi single destacando o tema "No Sé si es Amor".

De aí veu unha serie de telenovelas na compañía Televisa nas que participou, tales como La Pobre Señorita Limantour e Quinceañera, xunto con Adela Noriega. Logo protagoniza Luz y Sombra. Terminada esta última, parte aos Ánxeles para prepararse como solista. Máis tarde, ao seu regreso a México, protagoniza "María Mercedes", "Marimar", "María la del Barrio" e "Rosalinda", das cales interpreta os temas musicais e que a lanzarán á fama mundial, chegando a ser chamada "A raíña das telenovelas".

Thalía solista[editar | editar a fonte]

En 1990, saca o seu primeiro material como solista con sinxelos como "Un pacto entre los dos", "Saliva", "Amarillo Azul" e "Pienso en ti". Este disco é de marcado estilo rock. Ao ano seguinte refórzase a súa carreira co álbum Mundo de cristal, do cal se editaron sinxelos como "Sudor", "En la intimidad", "Te necesito" e "Fuego cruzado". Viaxa a España para conducir e participar no programa de TV VIP Noche ao lado de Emilio Aragón.

En 1992 lanza LOVE, con temas como "Sangre", "Love" e unha versión do éxito de Edith Piaf, "La vie en Rose", cantada en partes iguais en español e francés. O recoñecemento en latinoamérica chegaríalle en 1995 con En Éxtasis, producido polo produtor de música latina Emilio Estéfan Jr. El primer sencillo "Piel morena" convertiuse nun éxito inmediato.

A finais dos anos 90 é contratada para gravar en diferentes idiomas, incluíndo inglés, portugués e castelán. Tamén interpretou as cancións da película Anastasia de Twenty Century Fox nas súas versións española e portuguesa, e saca o álbum Amor a la mexicana, no que aparecen cancións como "Mujer latina", "De donde soy", "Por amor" ou o propio "Amor a la mexicana", que a levan a alcanzar o estrelato en Europa.

No 2000, lanza o seu álbum Arrasando, do cal 8 das 12 cancións están escritas por ela, con temas como "Arrasando", "Entre el mar y una estrella", "Regresa a mí" ou "Reencarnación". En decembro dese mismo ano casa co ex-presidente da compañía Sony Music, Tommy Mottola.

No ano 2001, publica a súa primeira compilación Con Banda, Grandes Éxitos á cal engadíronse dous temas novos titulados "Cuco Peña" e "La Revancha", todos gravados en novas versións pola cantante, pero co respaldo dunha agrupación de Banda Sinaloense (algo pouco frecuente entre os intérpretes pop mexicanos) conformada especialmente para a ocasión. Os arranxos musicais e clarinetes da banda foron executados polos irmáns Adolfo e Omar Valenzuela, quen axudaron a Thalía neste álbum. A pesar do descoñecido que era este xénero en todo o mundo, este disco logrou vender case un millón de unidades, e foi o primeiro na historia do estilo "banda" que conseguiu o Disco de Oro en España .

En 2002, Thalía alíase co compositor Estéfano e regresa co seu disco Thalía, con temas como "Tú y yo", "No me enseñaste" ou a versión do éxito de Alaska y Dinarama "¿A quién le importa?". No 2003 tratou de abrirse paso polo mundo anglosaxón, gravando Thalía, onde aparece un dueto co cantante de rap Fat Joe, chamado "I want you". Ademais, fai a súa entrada en mercados como Australia, Inglaterra, Irlanda e Escocia, e en Xapón, vendendo 200.000 copias nunha semana. Este ano, Thalía lánzase ao mundo dos negocios cunha liña de roupa e de artigos para o fogar con K-Mart.

En 2004, lanza o seu Greatest hits, no que Thalía recompila os seus maiores éxitos nos seus 10 anos co selo discográfico EMI Music. Deste álbum lanza como sinxelos "Cerca de ti", unha balada pop-rock, e "Acción y reacción", na que aborda o tema da súa relación co seu marido Tommy Mottola. Durante abril e maio realiza o seu High Voltage Tour por México e os EUA.

Thalía lanza El sexto sentido en 2005, o seu novo álbum en español e o seu segundo con Estéfano como produtor. Del destacan temas como a fusión de rock e tango "Amar sin ser amada", a balada "Un alma sentenciada" e a dicotequeira "Seducción". Así mismo, lanza a súa propia dulcería con Hershey's, e planea escribir un libro de consellos de beleza, mentres que a súa nai supervisa unha biografía. No 2006, Thalía recibe a cidadanía estadounidense tras vivir 8 anos nese país. Musicalmente, amadriña o reality show mexicano Cantando por un sueño e relanza o seu último disco baixo o título El sexto sentido re-loaded, o cal non inclúe os anteriores temas máis algúns novos, como "No, no, no" co grupo Aventura, o cal convírtese no cuarto single e colócase como unha das cancións máis escoitadas no continente americano, mentres que "Olvídame", de cuxo video-clip ela foi directora e produtora, soa exclusivamente en Arxentina e México.

En 2007, Thalía prepara un programa de radio, The Conexion Thalía Radio Show, que abordará temas como estilos de vida, moda e celebridades latinas e transmitirase por ABC Radio durante dúas horas ao día os sábados.

O 8 de outubro de 2007 deu a luz á súa primeira filla, Sabrina Sakaë.

O 24 de xuño de 2008 sae á venta o seu seguinte álbum, Lunada, ten 11 cancións, tres escritas por ela, e mestura ritmos pop con reggae e calipso. O primeiro single que se desprende é "Ten paciencia", cuio videoclip se estreou o 13 de xuño.[2]

O 30 de xullo de 2009 gravou o seu primeiro disco acústico, ante uns 350 invitados. A cantante entonou 15 temas e un popurrí dos seus éxitos máis sonados. Tamén cantou temas inéditos, como "Equivocada", de Mario Domm, vocalista de Camila; "Yo ya lo sabía" e "Cómo", escritas xunto a León Polar, ex integrante de Sin Bandera. Ademais realizou un dueto có lexendario Joan Sebastian, con quen interpretou o tema campirano "Con la duda", que o compositor escribiu para ela. [3]

En toda a súa carreira, a estrela mexicana, leva vendido máis de 40.000.000 discos[4]

Telenovelas[editar | editar a fonte]

Despega a súa carreira como actriz en telenovelas. Coa compañía Televisa, onde realiza sete telenovelas, sendo protagonista en seis delas: "La pobre señorita Limantour", Quinceañera, Luz y Sombra, María Mercedes, Marimar, María la del Barrio e Rosalinda. As catro últimas foron moi criticadas en México debido aos estereotipos en elas reflectidos, e debido a que a historia de fondo era basicamente a mesma. Sen embargo, gozaron de grande aceptación nese país como en moitas partes do mundo.

Películas[editar | editar a fonte]

Ata agora Thalía realizou dúas películas. A primeira, "La Guerra de los Pasteles", aínda sendo nena, e a segunda, xa de adulta, foi unha produción estadounidense titulada "Mambo Café" no ano 1998.

Programas de TV[editar | editar a fonte]

Programas de Radio[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Timbiriche[editar | editar a fonte]

Año de publicación Título del álbum Discográfica Discos vendidos
1987 Timbiriche VII Fonovisa (México) 3.500.000
1988 Timbiriche VIII Fonovisa (México) 4.000.000
1988 Timbiriche IX Fonovisa (México) 4.000.000
1989 Los Clásicos de Timbiriche Fonovisa (México) 3.000.000

En solitario[editar | editar a fonte]

Año de publicación Título del álbum Discográfica Discos vendidos
1990 Thalía Fonovisa (México) 600.000
1991 Mundo de Cristal Fonovisa (México) 700.000
1992 Love Fonovisa (México) 1.200.000
1995 En Éxtasis EMI Music (México) 2.000.000
1997 Nandito Ako EMI Music (Filipinas) 1.000.000
1997 Amor A La Mexicana EMI Music (México) 5.200.000
2000 Arrasando EMI Music (México) 2.500.000
2001 Con Banda: Grandes Éxitos EMI Music Latin 900.000
2002 Thalía EMI Music Latin 3.600.000
2003 Hits Remixed EMI Music Latin 850.000
2003 Thalía Virgin Records 3.000.000
2004 Greatest Hits EMI Music Latin 1.000.000
2005 El Sexto Sentido EMI Music Latin 1.200.000
2006 El Sexto Sentido Re+Loaded EMI Music Latin 200.000
2008 Lunada EMI Music Latin 200.000
2009 Primera fila Sony BMG 1.000.000

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]