Benaocaz
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
| Provincia | Provincia de Cádiz | ||||
| Capital | Benaocaz | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 742 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 69,39 km² | ||||
| Altitude | 793 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Juan María Mangana Macías (en) Olivia Venegas (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 11612 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 11009 | ||||
| Sitio web | benaocaz.es | ||||
Benaocaz é un municipio español da provincia de Cádiz, Andalucía. No 2005 tiña 745 habitantes. A súa extensión superficial é de 70 km² e encóntrase a 120 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.
Localízase na Serra do Endrinal, ao sur do río Tavizna, e forma parte da Ruta dos Pobos Brancos. Practicamente a totalidade do seu termo atópase no Parque Natural da Serra de Grazalema.
Historia
[editar | editar a fonte]Existen vestixios de presenza humana desde a prehistoria, e logo presenza ibérica e romana. Desa época é a calzada que comunica Benaocaz con Ubrique, das poucas que se conservan na zona.
Como aldea fundárona os árabes no ano 715 e foi tomada polos cristiáns en 1485 por Rodrigo Ponce de León, que tamén conquistou Archite, Ubrique, Grazalema e Villaluenga del Rosario e os dous castelos de Aznalmara (Tavizna) e Fátima ou Cardela. Todas estas vilas e castelos eran xa coñecidos antes da súa conquista cristiá pol"As Sete Vilas", pasándose a chamar "Señorío das sete Vilas". En 1490 pasou a ser propiedade do nobre Rodrigo Ponce de León dentro do señorío de Villaluenga que lle outorgaron os Reis Católicos.
Conserva os restos do barrio nazarí co seu antigo empedrado e foi declarado conxunto histórico.

Demografía
[editar | editar a fonte]
Evolución da poboación desde 1900.

Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Benaocaz |
- Benaocaz - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía
