Conversa:Xerez da Fronteira

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Se non hai referencias sobre a tradución do topónimo ao galego, o título do artigo debe ser Jerez de la Frontera. --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:54, 2 marzo 2010 (UTC)


  • Temos que dar exemplo co uso dos Topónimos a Wikipedia-Castelán.Se eles non respetan os nosos Toponimos.NOS TEMOS QUE DAR EXEMPLO.E non traducilos ao Castelán.--83.35.102.93 17:40, 9 marzo 2010 (UTC)

Eu creo que son casos diferentes Wikipedia castelán e galego. No wiki castelán pretenden que *Sangenjo, *Villanueva de Arosa, *Mellid ou *Teijeiro non só son as formas en castelán de topónimos galegos (cuxa forma oficial e única, hoxe, é en galego e aquelas castelás xa non teñen carácter oficial) senón que pretenden impoñelas e mantelas como cousa actual, perpetuando así a confusión e o ataque (consciente ou inconsciente) á toponimia galega. Confusión porque xa non se usan oficialmente e ataque porque resulta ridículo usar, por exemplo, *Niño de la Guía como "versión" castelá de Niñodaguia, que significa en castelán "Nido del Águila", ou *Mesón del Viento como forma castelá de Mesón do Bento (que nada ten que ver co vento, senón cun nome propio masculino, Bento). Esa ignorancia manifesta e desprezo secular mesetario cara á cultura galega (típico da mentalidade centralista española, aínda moi vixente) non pode actualizarse hoxe por moito que exista un wikipedia castelán. Mesmo inventan formas castelás que xamais se usaron (teño visto barbaridades como *Roble, no sitio de Carballo, que sempre se chamou Carballo, ou *Los Pinos por Piñeiros). É dicir, que rizan o rizo e fan hipercastelanismo toponímico, wiki-fabricando wiki-topónimos que só existen nos seus ríxidos wiki-cerebros. Se Sanxenxo é a ÚNICA forma oficial, tamén o é en castelán, porque *Sangenjo xa non existe. Non o acaban de entender os wikis casteláns, pero é así. Senón, que escriban no seu wiki Líverpul e non Liverpool, Notingan e non Nottingham, Janover e non Hannover, Guasinton e non Washington e Castillo Nuevo en vez de Newcastle. Non o fan, porque quedaría ridículo. Pero si o fan co galego. Pero o caso de Jerez de la Frontera é diferente. Aquí, se usamos neste wikipedia galego Xerez da Fronteira ou Xerez de la Frontera non estariamos impoñendo aos xerezanos esa forma, porque alí só é oficial Jerez de la Frontera. Non coexisten dous idiomas oficiais como en Galicia. Polo tanto, non ten -ou non tería- nada de malo poñer Xerez da Fronteira como forma en galego.--95.121.129.1 18:18, 6 de marzo de 2012 (UTC)

  • O 'Apéndice 5. Cidades e xentilicios' na columna 'Topónimo galego' da páxina 1296 do Dicionario de Usos e Dificultades da Lingua Galega de Begnino Fernández Salgado recolle Xerez (xentilicio xerezano). No VOLGA na procura de xerezano na columna nota aparece Xerez. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:56, 6 de marzo de 2012 (UTC)
95.121.129.1 o que digas. Nós podemos traducir nomes e eles non. Se se pide respecto hai que dalo primeiro. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 23 de setembro de 2013 ás 16:22 (UTC)[responder]

Xerez da Fronteira[editar a fonte]

No dicionario da RAG aparece "Xerez da Fronteira" na descrición da palabra "xerezano": http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#loadNoun.do?current_page=1&id=308613 —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.57.126.160 (conversacontribucións) 10 de novembro de 2013 ás 18:18

Certo é, e vou proceder a mover a páxina. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xaneiro de 2014 ás 10:56 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Xerez da Fronteira. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 14:29 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Xerez da Fronteira. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 1 de novembro de 2019 ás 17:49 (UTC)[responder]