Castellar de la Frontera
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Cádiz | ||||
Capital | Castellar de la Frontera | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.020 (2023) (16,89 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 178,84 km² | ||||
Altitude | 47 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1971 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Partido Socialista Obrero Español | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 11350 La Almoraima: 11349 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 11013 | ||||
Sitio web | castellardelafrontera.es | ||||
Castellar de la Frontera[1] é un municipio español situado na provincia de Cádiz, na comunidade autónoma de Andalucía. Forma parte da comarca do Campo de Xibraltar. Limita cos municipios de San Roque, Jimena de la Frontera, Los Barrios e Alcalá de los Gazules, no Parque Natural de Los Alcornocales, na chamada Ruta do Touro. O concellos posúe tres núcleos de poboación, que son Castellar Viejo ou El Castillo, o Pueblo Nuevo e La Almoraima. O pobo vello foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1963.
O centro histórico desta cidade atópase dentro da fortaleza dun castelo do século XIII e esta parte é sen dúbida a máis turística. Durante a época dos reinos de Taifa na península, esta fortaleza foi construída non só con fins defensivos, senón tamén para acoller á xente.[2]
Símbolos
[editar | editar a fonte]Castellar ten un escudo partido en dous campos. O primeiro de prata con tres faixas xaqueladas de ouro e goles, cargadas cada unha dunha burela de ouro, pertencente á liñaxe Saavedra, condes de Castellar. O segundo de goles cun castelo de ouro aclarado de azul. Vai timbrado coa coroa real española cerrada.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]As coordenadas xeográficas de Castellar son 36º 19' N, 5º 27' O, a 153 quilómetros da capital de provincia, Cádiz. Atópase situado a unha altitude de 47 msnm. A extensión superficial é de 179 km² . No 2005 tiña 2.874 habitantes, cunha densidade de poboación 16,1 hab/km².
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A locución "de la Frontera" alude á fronteira granadina
- ↑ "Castellar de la Frontera, qué ver en el pueblo dentro de un castillo". www.disfrutacadiz.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2021. Consultado o 2021-05-28.
- ↑ Blasón del escudo de Castellar.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castellar de la Frontera |
- Castellar de la Frontera - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía