Grazalema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°46′N 5°22′O / 36.767, -5.367

Grazalema
Praza do concello
Localización
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía
ProvinciaCádiz
ComarcaSerra de Cádiz
Xeografía
Altitude812 msnm
Superficie122,41 km²
Demografía
Poboación2.205 hab. (2009)
Densidade18,01 hab./km²
XentilicioGrazalemeño/a
Outros datos
Código postal11610
AlcaldeMaría José Lara Mateos (PSOE)
www.grazalema.es

Grazalema é un municipio da provincia de Cádiz, Andalucía. No 2008 tiña 2.227 habitantes. A súa extensión superficial é de 121 km² e dista 142 quilómetros da capital provincial, Cádiz. Cabe destacar que neste concello rexístranse máis de 1.962 mm de precipitación ao ano,[1] un valor pouco común para unha zona de clima mediterráneo. Atópase situado a unha altitude de 812 metros, na estrada que une Arcos de la Frontera con Ronda (na provincia de Málaga), aos pés da Serra do Pinar, dentro do Parque Natural Serra de Grazalema.

Historia[editar | editar a fonte]

En Grazalema e arredores encontráronse restos arqueolóxicos indicadores dunha certa actividade humana durante a prehistoria. Non obstante, a pesar dos vestixios de varias culturas anteriores, o prólogo histórico do lugar hai que datalo en tempos da colonización romana do Mediterráneo. Coas lexións de Escipión naceu a vila de Lacilbula na lomba do Clavijo, que era un recinto fortificado rodeado de casas residenciais. O nome desa poboación vincúlase á antiga denominación do Guadalete, río Cilbus.

As súas orixes son árabes, tal e como mostra o seu primoxénito nome, Gran Zulema, do cal provén o actual. En 1485 foi conquistada polo duque de Arcos. Tivo un grande auxe económico a partir do século XVII grazas á industria dos panos que producía a manta de Grazalema.

Grazalema.

As súas actividades tradicionais son as agropecuarias, que van sendo progresivamente abandonadas pola escasa rendemento, tendo sido compensadas en gran medida polo turismo, vinculado á declaración do Parque Natural Serra de Grazalema.

Demografía[editar | editar a fonte]

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Queixo de Grazalema.
Gobelete de Grazalema.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Datos do Centro de Investigacións Fitosociolóxicas para o período 1961-1990.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]