Setenil de las Bodegas
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
| Provincia | Provincia de Cádiz | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 2.624 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 82 km² | ||||
| Altitude | 640 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Rafael Vargas Villalón | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 11692 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 11034 | ||||
| Sitio web | setenil.com | ||||
Setenil de las Bodegas é un concello español da provincia de Cádiz, en Andalucía. Pertence á comarca da Sierra de Cádiz e tiña en 2014 unha poboación de 2.856 habitantes.
Atópase a unha altitude de 640 metros no interior da provincia, a 157 quilómetros da capital, Cádiz. O municipio vese atravesado polo río Guadalporcún que forma un impresionante tallo ao seu paso pola localidade.
O principal atractivo deste municipio constitúeo a mesma vila, debido á beleza e orixinalidade da súa armazón urbana, que en elevada pendente baixa dende o castelo adaptándose ao curso do río, o que lle confire unha singular disposición con diferentes niveis de altura. Na parte baixa os veciños aproveitaron o tallo creado na rocha polo río para construír as súas casas. Trátase dun excepcional exemplo dun tipo de vivenda denominado "abrigo baixo rochas" que, a diferenza doutras construcións semitroglodíticas desenvolvidas en Andalucía, non escava a rocha, senón que limítase a pechar a parede rochosa e desenvolve a vivenda de forma lonxitudinal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Setenil de las Bodegas |
