Olvera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vista parcial de Olvera

Olvera é un municipio español da provincia de Cádiz, na comunidade autónoma de Andalucía. Está incluído na comarca da Sierra de Cádiz. Obtivo o título de cidade no ano 1877 concedido por Afonso XII.

A localidade está situada ao nordés da serra gaditana, sendo fronteiriza coas provincias de Sevilla e Málaga. No ano 2012 contaba con 8.494 habitantes. A súa extensión superficial é de 194 km² e ten unha densidade de poboación de 44,1 hab/km². Encóntrase a unha altitude de 643 msnm, e a 130 km da capital da provincia, Cádiz.

A maioría das súas terras consisten en áreas de agricultura dedicadas principalmente ao cultivo da oliveira, encontrándose integrada na Asociación Española de Municipios da Oliveira, organización fundada en Olvera no ano 1996. A súa excelente produción de aceite de oliva permitiu que a súa industria aceiteira fose incluída na denominación de orixe Sierra de Cádiz, xunto a outros pobos da comarca e da provincia de Sevilla. Outra importante actividade ecónomica é a industria, tendo no seu haber dende o ano 1990 o Premio Arcoiris do Cooperativismo concedido pola Xunta de Andalucía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]