Bornos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bornos
[[Ficheiro:Escudo de Bornos.svg|130px]]


Situación xeográfica
Map of Bornos (Cádiz).png
País España España
Comunidade Autónoma Andalucía
Provincia Cádiz
Comarca Serra de Cádiz
Xeografía
Altitude 182 msnm
Superficie 54,31 km²
Poboación
Poboación 8.134 hab. (2009)
Densidade 149,77 hab./km²
Xentilicio Bornicho, bornense
Información
Código postal 11640
Alcalde Fernando García Navarro (PP) (2007)
Páxina web www.udbornense.com

Coordenadas: 36°49′N 5°44′W / 36.817°N 5.733°W / 36.817; -5.733 Bornos é un municipio español da provincia de Cádiz, Andalucía. No 2008 contaba con 8.123 habitantes. A súa extensión superficial é de 55 km² e atópase a 79 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.

Actualmente, Bornos vive fundamentalmente da agricultura.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros restos humanos son do paleolítico inferior ou medio (fai uns 30.000 años). Existen tamén restos que demostran presencia íbera e romana. As ruínas de Carissa Aurelia permiten coñecer esta época. A cidade de Carissa foi primeiro municipio romano e posteriormente "Cives Romani", con dereito incluso a acuñar moeda propia, durante o mandato de Vespasiano.

A poboación actual foi creada arredor do alcázar do Fontanar. Foi tomada por tropas cristiás a mediados do século XIII. Afonso X o Sabio, entregou a poboación a Per del Castel, cabaleiro gaditano. Logo cambia varias veces de man até que en 1398 vendeuse Bornos, o seu castelo e o seu termo, por 3.000 doblas, ao Adelantado Maior de Andalucía Per Afán de Ribera I. Permaneceu baixo o dominio da Casa de Alcalá até a independencia municipal, sendo a súa vinculación tal que o blasón dos Ribera e o escudo da poboación son idénticos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Bornos - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía
  • WindsurfBornos - Windsurf en Bornos