Bandeira de Xalisco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Bandeira de Xalisco
Bandeira de Xalisco
Características
Uso
Proporción4:7
Adopción7 de maio de 2011
Cores     Azul      Amarelo

A bandeira do estado de Xalisco é dos símbolos do estado mexicano. Consiste nun rectángulo dividido en dúas franxas verticais de medidas idénticas, coas cores na seguinte orde a partir do mastro: azul e ouro. Entre as dúas franxas azul e ouro ten o Escudo do Estado, cun diámetro de tres cuartas partes do ancho de devandita franxa. A proporción entre anchura e lonxitude da bandeira é de catro a sete. Poderá levar un lazo ou gravata das mesmas cores, ao pé do mastro.

O 22 de febreiro de 2008, Xalisco foi o segundo estado mexicano en recoñecer oficialmente unha bandeira propia detrás de Tamaulipas, e é o primeiro estado cunha bandeira legalmente aceptada en cores distintas ás da bandeira de México.

O 14 de setembro de 2010, o Congreso do Estado realizou o acto protocolario de recoñecemento legal dos símbolos do Estado de Xalisco no Hospicio Cabañas da cidade de Guadalaxara.

Historia[editar | editar a fonte]

O estandarte de armas do Reino de Galicia serviu de inspiración para as colores do escudo da Intendencia de Guadalaxara.
Primeira bandeira da Cidade de Guadalaxara.
Proposta dunha bandeira estatal para Xalisco no ano 2001.

Non se coñecen bandeiras anteriores ó reino de Nova Galicia, que foi fundado sobre o ano 1532, e foi un dos elementos constitutivos territoriais do vicerreinado de Nova España, adquirindo unha ampla autonomía interna en 1574 baixo autorización real dada polo emperador Carlos V, agás por un breve período de 1588 a 1591.

Trala independencia de México, Prisciliano Sánchez, gobernador do Estado entre 1825 e 1826, propón unha bandeira de transición para o estado de Xalisco, a cal consta de tres franxas horizontais, en cor azul mariño na superior e inferior e en ouro na central; cunha disposición superior 3/10, central 4/10 e inferior 3/10.

No ano 2001, Manuel Rodríguez Villegas propuxo unha bandeira para o estado de Xalisco, recuperando a vella bandeira de Prisciliano Sánchez, que constaba de dúas franxas azuis e unha franxa de ouro co escudo do estado no centro, bandeira que se asemellaba á bandeira da Segunda República Española. Porén, no ano 2004, o arxentino Luis Havas, residente na cidade de Guadalaxara, propuxo unha nova bandeira, con dous campos, un azul e outro de ouro, divididos polo escudo do estado e que foi finalmente aceptado como bandeira oficial.

Evolución da Bandeira de Xalisco
Anos Bandeira Estatal Información relevante
1972 a 1998 Jalisco-gov.png FIAV historical.svg (2:3) Deseño de 1972, coas mesmas cores que as da bandeira nacional: Estado Libre y Soberano de Jalisco.
1998 a 2008 Mexico stateflags Jalisco.png FIAV historical.svg (4:7) Estabelécese a segunda bandeira estatal, sen recoñecemento legal pero empregada decote polas institucións do estado.[1]
2008 a 2010 Bandera de México. FIAV historical.svg (4:7) Primeira Bandeira Estatal. Adoptada oficialmente o 22 de febreiro de 2008, baixo o goberno de Emilio González Márquez.
2011 a la Fecha Bandera de México. FIAV normal.png (4:7) Segunda Bandeira Estatal. Adoptada oficialmente o 7 de maio de 2011, baixo o goberno de Emilio González Márquez.

Cores e o seu significado[editar | editar a fonte]

As cores da bandeira teñen a súa orixe na bandeira do Reino de Galicia, xa que durante moito tempo empregáronse estandartes coas cores ouro e azur do primeiro escudo que lle foi outorgado á Cidade de Guadalaxara; antes de facerse oficial o seu uso e deseño, fixéronse varias propostas coa fórmula bicolor (azul e amarelo ouro). Algunhas veces téñense usado estandartes cunha soa cor e o escudo do estado no centro, e outras veces estandartes con franxas bicolores da bandeira de México.[2]

As tonalidades oficiais exactas da bandeira aínda non foron definidas polas leis da entidade, pero suxírese usar as seguintes de acordo co sistema pantone.

Sistema de cor Azul Amarelo
Pantone 3425c Safe
RGB 0-0-255 255-255-0
CMYK 100-0-32-59 0-0-0-0-0
RGB Hex. 0000FF #F1BF00

O significado das cores da bandeira estatal son os seguintes:

  • Ouro (amarelo): Facer ben ós pobres.
  • Azur (azul): servir ós gobernantes e fomentar a agricultura.

Outras bandeiras históricas[editar | editar a fonte]

Bandeiras municipais de Xalisco[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]