Xaime Quintanilla Martínez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1898 A Coruña, España |
Morte | 18 de agosto de 1936 (38 anos) Ferrol, España |
Causa da morte | execución extraxudicial, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Ferrol | |
1936 – 1936 ← Segundo Cotovad Díaz – Antonio Santamaría López → | |
Alcalde de Ferrol | |
1931 – 1934 ← José Lloveres Martínez – Segundo Cotovad Díaz → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, médico, escritor |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Familia | |
Fillos | Xaime Quintanilla Ulla |
Xaime Quintanilla Martínez, nado na Coruña o 13 de xuño de 1898 e finado en Ferrol o 18 de agosto de 1936, foi un médico cirurxián, político socialista, xornalista, dramaturgo e escritor galego. Foi o pai do tamén alcalde de Ferrol Xaime Quintanilla Ulla.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Medicina en Santiago de Compostela. En 1917 creou en Ferrol unha clínica de cirurxía e fíxose famoso fundamentalmente pola súa calidade humana para cos máis humildes. A súa actividade política céntrase principalmente na defensa do galeguismo e socialismo, participando na I Asemblea das Irmandades da Fala e noutras asembleas políticas.
Canto á súa actividade cultural, participou en varios xornais como Ferrol Deportivo, Diario de Vigo ou El Correo Gallego, do que chegou a ser director e redactor xefe. Tamén dirixiu a Editorial Céltiga. Publicou obras como Saudade (1922), a comedia dramática Alén (El Correo Gallego, 1921)[1], o drama Donosiña, drama en tres actos e un prólogo, en prosa[2] e o traballo O nazonalismo musical galego.
Foi o primeiro alcalde republicano de Ferrol (1931), á fronte dunha corporación municipal composta polo Partido Socialista Obrero Español (o partido máis votado, cuxa lista dirixía Quintanilla, e o Partido Republicano Radical). Xaime Quintanilla seguiu sendo o alcalde ferrolán ata setembro de 1934, cando foi destituído polo goberno[3], acusado de tomar parte nos sucesos que tiveron lugar na cidade no marco da Folga xeral revolucionaria de 1934. Foi, por outra banda, presidente da Federación de Colectividades Socialistas da provincia da Coruña. En febreiro de 1936, trala vitoria da Fronte Popular, foi restituído como alcalde aínda que presentou a renuncia aos poucos días[4] debido ás súas ocupacións profesionais, sendo elixido alcalde o seu compañeiro Antonio Santamaría López.
Formou parte tamén da xestora da Deputación da Coruña, presidida por José López Bouza, de Izquierda Republicana e tomou parte na campaña para o referendo de aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi apresado dúas veces na súa casa, sendo liberado a primeira delas. A segunda, foi detido sine díe, primeiro en Mariña e logo no buque prisión Plus Ultra (correo de Transmediterránea). Foi fusilado o 18 de agosto a mans dos sublevados nas tapias do cemiterio de Canido, xunto con outras catorce persoas, e alí foi enterrado co resto de axustizados, unha placa lembra o nome de todos eles.
Distincións
[editar | editar a fonte]Foi condecorado en 1934 coa Lexión de Honra do Goberno francés e ten dedicadas rúas nos concellos de Ferrol e Culleredo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Casa Pereira, r/ Dolores, Ferrol, de Rodolfo Ucha. No 1º andar viviu Quintanilla.
-
Colaboradores de La Zarpa.
-
Colaboradores de Terra.
-
Na súa época de alcalde.
-
En memoria.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alén". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-10-15.
- ↑ Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega UDC.
- ↑ El Correo Gallego, 23-9-1934, p. 1.
- ↑ El Compostelano, 27-2-1936, p. 2
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Quintanilla Martínez, Xaime". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 145.
- "Quintanilla Martínez, Xaime". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1733. ISBN 978-84-8288-942-9.
- Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 356. ISBN 84-7492-465-0.
- Llorca, Guillermo; et al. (2005). "Quintanilla Martínez, Xaime". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Ozámiz, D. (setembro). "Un socialista galego consecuente: Xaime Quintanilla Martínez". Claridade (Fund. Luís Tilve) (Esp. homenaxe): 25–34.
- Pereira e Romero (2011). Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República. Fundación Luís Tilve.
- Suárez Martínez, Xosé Manuel (2002). Guerra Civil e represión en Ferrol e ComarcaArquivado 30 de marzo de 2007 en Wayback Machine. Concello de Ferrol. ISBN 84-88991-19-3.
- Tato Fontaíña, Laura (1996). O teatro galego e os coros populares 1915-1931 (tese). UDC. ISBN 978-84-692-8929-7.
- —————— (ed) (1997). "Introdución" en Donosiña. A Coruña. Biblioteca-Arquivo teatral Francisco Pillado Mayor.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 491. ISBN 84-8288-019-5.
- ——————, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 151–153. ISBN 84-8288-365-8.
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Xaime Quintanilla Martínez |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xaime Quintanilla Martínez |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Álbum das Irmandades da Fala Consello da Cultura Galega
- "A obra de Quintanilla que escandalizou os puritanos" Real Academia Galega.
- Xaime Quintanilla na Biblioteca Virtual Galega.
Predecesor: José Lloveres Martínez |
Alcalde de Ferrol 1931 - 1934 |
Sucesor: Segundo Cotovad Díaz |
Predecesor: Segundo Cotovad Díaz |
Alcalde de Ferrol 1936 |
Sucesor: Antonio Santamaría López |
- Alcaldes de Galicia polo PSOE
- Alcaldes de Ferrol
- Alcaldes de Galicia durante a II República
- Asasinados polo bando nacional en Galicia
- Nados na Coruña
- Nados en 1898
- Finados en 1936
- Irmandades da Fala
- Médicos da Coruña
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
- Dramaturgos en lingua galega
- Dramaturgos de Galicia