Carlos Pereira Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carlos Pereira Martínez
Carlos Pereira Martínez Culleredo 2012 2.JPG
Carlos Pereira Martínez en Culleredo presentando un dos seus libros no ano 2012.
Nacemento24 de marzo de 1959
 Montevideo
NacionalidadeGalicia Galicia
Ocupaciónhistoriador
editar datos en Wikidata ]

Carlos Pereira Martínez, nado en Montevideo o 24 de marzo de 1959, é un historiador, escritor e artista plástico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Reside na actualidade na Coruña. Licenciado en Xeografía e Historia, especialidade Historia, pola Universidade Nacional de Educación a Distancia, realizou os Cursos de doutoramento en Historia Medieval no Departamento de Historia Medieval, Moderna e Ciencias e Técnicas Historiográficas da UNED. Traballa na súa tese de doutoramento sobre A Orde do Temple nos reinos de Galicia e León. Profesionalmente é Historiador do Concello de Culleredo.

É membro numerario da Sociedad Española de Estudios Medievales, da Asociación de Escritores en Lingua Galega, ex vicepresidente da Asociación Cultural Estudios Históricos de Galicia, do Padroado e do Consello Rector da Fundación Instituto de Estudios Políticos e Sociais, da Asociación de Xenealoxía, Heráldica e Nobiliaria de Galicia, do Ateneo Republicano de Galicia, do Consello de Redacción da revista Dez-Eme, da Fundación 10 de Marzo de Comisións Obreiras e do Comité científico da revista Anuario Brigantino do Concello de Betanzos. Tamén formou parte do colectivo poético Os habitantes do lago, e foi un dos fundadores do grupo de teatro Maiolongo de Culleredo en 1976.

Colabora coa Asociación de Artistas Plásticos de Galicia (ARGA), e ten participado, en exposicións artísticas individuais ou colectivas en toda Galicia.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Sésamo e Sueiro. Dende a Prehistoria á Idade Media, 1997.
  • Fábrica de Armas de A Coruña. Seis décadas de historia, 1998, edición do autor.
  • Historia das parroquias de Sésamo e Sueiro, 1998, Asociacións de Veciños de Sésamo-Sueiro, 1997.
  • Anxo Senra Fernández. Vida e obra, 1999, Toxosoutos.
  • Os templarios. Artigos e ensaios, 2000, Toxosoutos. Versión en castelán na mesma editora en 2002.
  • A Cultura en Culleredo na IIª República: o 'Ateneo de la Villa de Rutis', 2001, Ateneu Libertario Ricardo Mella.
  • Asociacionismo e movemento obreiro en Oleiros (1900-1936), 2002, Trifolium.
  • A Galicia heterodoxa, 2010, Espiral Maior.

Poesía[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Miradoiro da Ría. Artigos en El Metropolitano e El Entorno Metropolitano, 2001, edición do autor.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica no 2011, por Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República, con Ana Romero Masiá.
  • Primeiro premio da XXXVII edición do Certame Literario do Concello de Vilalba no 2011, por Río Alzheimer.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]