Xaime Quintanilla Ulla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xaime Quintanilla Ulla
Nacemento9 de setembro de 1919
 Ferrol
Falecemento28 de outubro de 2002
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PaiXaime Quintanilla Martínez
editar datos en Wikidata ]

Xaime Quintanilla Ulla, nado en Ferrol o 9 de setembro de 1919 e finado na mesma cidade o 28 de outubro de 2002[1], foi un médico e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Xaime Quintanilla Martínez. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e titulado en Graduado Social. Foi alcalde de Ferrol polo PSdeG-PSOE nas primeiras eleccións democráticas e continuou como alcalde ata 1987. Escribiu El complejo mundo del suicida (1994) e colaborou en La Voz de Galicia. Académico numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, recibiu a Medalla de San Raimundo de Peñafort, a Cruz ao Mérito Naval e a Cruz da Orde Civil de Sanidade. Foi soterrado no cemiterio de Catabois.

Predecesor:
Julio Pisos Solmo
 Escudo de Ferrol.svg
alcalde de Ferrol
 
1979 - 1987
Sucesor:
Alfonso Couce Doce

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]