Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fachada do Teatro Jofre, 1921.
Rodolfo Ucha Piñeiro , nado en Vigo o 29 de setembro de 1882 e finado en Ferrol o 27 de xaneiro de 1981 , foi un arquitecto galego, un dos practicantes do estilo modernista en Galiza , especialmente en Ferrol .
Sendo un neno trasladouse coa súa nai, viúva, a Ferrol. Logo de estudar na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid , en 1906 obtivo o título. Volveu a Ferrol onde traballou como arquitecto municipal dende 1909 .
Faleceu na cidade departamental , case centenario, o 27 de xaneiro de 1981 .
A obra de Ucha inscríbese no estilo modernista , no que utiliza ás veces elementos innovadores, como poden ser as cores ou os chapiteis . Nos proxectos máis tardíos, dende os anos 30, os seus proxectos acostuman incluírse como déco .
Practicamente todas as súas obras foron levantadas na mesma cidade de Ferrol.
Fonda Suíza (actual Hotel Suízo), 1910 .
Casa Romero, 1910.
Peixería de Abastos Municipais, 1910.
Edificio de "El Correo Gallego ", 1912 .
Casa Pereira , 1912.
Casa Rodríguez Fernández , 1912.
Casa Brañas (rúa Real), 1913 .
Hotel Suízo, 1913.
Hotel Ideal Room, 1917 .
Chalé Antón , 1918 .
Casino Ferrolán, 1921 .
Fachada do Teatro Jofre , 1921.
Edificio Pita Saavedra, 1939 .
Edificio Calvo Formoso, 1939.
Casa Bruquetas (rúa da Igrexa nº 4).
Antiga imprenta de El Correo Gallego
Burgoa, Juan (9-4-2014). "Penoso centenario del modernismo de Rodolfo Ucha". Diario de Ferrol (en castelán ) .