Segundo Cotovad Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Segundo Cotovad Díaz
Segundo Cotovad Díaz 1934.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1934.
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncomerciante e político
editar datos en Wikidata ]

Segundo Cotovad Díaz foi un comerciante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dono da fábrica de chocolates La Helvetia de Ferrol[1]. Na II República foi concelleiro de Ferrol e deputado provincial[2]. Cesou como deputado provincial en abril de 1932[3]. Foi presidente do Casino Ferrolano, xefe do Partido Republicano Radical de Ferrol e primeiro tenente alcalde de Ferrol. En setembro de 1934 Xaime Quintanilla Martínez foi suspendido como alcalde e Segundo Cotovad foi nomeado delegado gobernativo de Ferrol[4] e máis tarde presidente da Comisión Xestora. Dimitiu o 19 de febreiro de 1936[5].


Predecesor:
Xaime Quintanilla Martínez
 Escudo de Ferrol.svg
Alcalde de Ferrol
 
1934 - 1936
Sucesor:
Xaime Quintanilla Martínez

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Evangelina García Luaces, que morreu en 1933[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 16-11-1923, p. 1.
  2. El Orzán, 6-5-1931, p. 1.
  3. El Compostelano, 22-4-1932, p. 2.
  4. El Correo Gallego, 23-9-1934, p. 1.
  5. El Correo Gallego, 20-2-1936, p. 1.
  6. El Correo Gallego, 5-2-1933, p. 3.