Conversa Wikipedia:Wiki Loves Parroquias

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvidos todos ó concurso fotográfico da Galipedia Wiki Loves Parroquias, preguntade aquí todas as dúbidas que teñades e iremos contestándoas tan pronto como nos sexa posible. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de maio de 2019 ás 08:59 (UTC)[responder]

Fotos de parroquias da Coruña e Pontevedra e outros[editar a fonte]

  • @Elisardojm: Non sei onde estará a conversa na Taberna disto a estas alturas, así que vai aquí. Dúas cousas do de parroquias a touro pasado: é limitado xeograficamente (os das Rías teñen máis difícil participar) e parte do cartel está en inglés, cando normalizaría mellor en galego (loves?). E hai que publicitar moi moito a entrega de premios, que desta vez somos nós quen os damos.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Sobreira (conversacontribucións) 4 de xullo de 2019 ás 17:56‎
Sobreira, o da limitación xeográfica xa o comentou tamén Afonso na taberna, tamén a touro pasado. Por outra banda, xa que as provincias de Lugo e Ourense son as que teñen menos recursos, non está mal que por unha vez teñan algo de vantaxe :) En serio, haberá que tomar nota para a seguinte edición para facer algo sobre o tema. Sobre o "loves", xa é como unha marca comercial da Wikipedia, Wiki Loves Earth, Wiki Loves Monuments, Wiki Loves Love, Wiki Loves Folk...
Sobre a entrega de premios, non está prevista ningunha cerimonia nin nada parecido xa que iso implica máis organización e eu non dou para máis, se alguén se ofrece a organizar esa parte, adiante! O que se pode facer é mandar unha nota de prensa ós medios comentando os resultados, amosando as fotos gañadoras e comentando o que se nos ocorra. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2019 ás 21:32 (UTC)[responder]
Creo que é prioritario conseguir fotos das parroquias sen ningunha imaxe mais tamén creo que deberiamos aproveitar a ocasión para conseguir mellores imaxes de parroquias das que xa temos imaxe para lle dar tamén unha oportunidade de colaboración á xente das provincias onde xa está todo rexistrado, coma min :D--Aprofa (Dime algo aquí) 6 de xullo de 2019 ás 10:46 (UTC)[responder]

Proposta para xestionar o tema das camisetas[editar a fonte]

  • De seguro fixen algo mal pero onte deixei aquí un comentario para axudar a xestionar o das camisetas, ofrecérame a través da usuaria Aprofa pero hoxe non o vexo, reitero a miña dispoñibilidade se me dicides o que teño que facer. Grazas. --Roxegar (conversa) 6 de xullo de 2019 ás 09:25 (UTC)[responder]
Aprofa, o concurso xa está en marcha, os medios de comunicación xa están avisados, etc, agora xa non podemos cambiar as bases, se para o ano repetimos a actividade haberá que telo en conta.
Roxegar, segundo o teu historial de edicións, só tes a edición de arriba, quizais fallou algo na túa anterior edición.
Sobre a túa oferta, a min paréceme ben, pero primeiro tería que aprobalo a comunidade, podes facer unha proposta en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xestión_dun_premio. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de xullo de 2019 ás 15:46 (UTC)[responder]

Fotos que xa estaban en Commons[editar a fonte]

Non hai problema La fabrica de nubes, se non estaban nos artigos no momento de comezar o concurso poden participar, e se alguén fai fotos novos para esas parroquias tamén pode participar, tal e como está (tentado) explicado nas bases. E en caso de haber algunha dúbida ou problema, haberá que debatelo e decidilo na comunidade da Galipedia. Moitas grazas por atopar esas fotos :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de xullo de 2019 ás 23:16 (UTC)[responder]
O que non me queda claro é quen participa no sorteo, os autores das imaxes sen sabelo? La fabrica de nubes (fálame) 8 de xullo de 2019 ás 23:27 (UTC)[responder]
Non La fabrica de nubes, participan os autores que engadan as súas fotos na lista de propostas: Wikipedia:Wiki Loves Parroquias/Imaxes propostas. E non se pode participar coa foto doutra persoa, nas bases di que a autoría debe ser propia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xullo de 2019 ás 23:59 (UTC)[responder]
Nada, nada Elisardojm, todo solucionado... E que malinterpreté el listado de "Parroquias que conseguiron foto"... La fabrica de nubes (fálame) 9 de xullo de 2019 ás 07:45 (UTC)[responder]
Ah, vale, pois aclarado entón :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xullo de 2019 ás 07:49 (UTC)[responder]

Como te decataches do concurso?[editar a fonte]

Nesta sección podes contarnos como te decataches de que se facía este concurso. Esta información axudaranos a mellorar a difusión do evento para seguintes ocasións. Podes dicirnos se foi nunha web, se foi nun cartel nalgún establecemento, se o escoitaches na radio... Tamén podes subir fotos dos carteis que atopes... :)

Comentar isto é totalmente voluntario, podes facelo de forma anónima saíndo da túa sesión se o prefires. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xullo de 2019 ás 17:01 (UTC)[responder]