San Fiz de Rubián, Bóveda
San Fiz de Rubián | |
---|---|
Concello | Bóveda[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°39′49″N 7°28′27″O / 42.6635577, -7.4741181 |
Poboación | 85 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 16[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Fiz de Rubián é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda. Limita coas parroquias de Covela e Noceda ao norte, Tuimil ao leste, Rubián ao sur e Vilarbuxán ao oeste.
Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 106 habitantes (53 mulleres e 53 homes), distribuídos nas entidades de Eimer, O Gruñedo e San Fiz, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 126 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Aparece relacionada co mosteiro de Samos unha bula de confirmación do Papa Alexandre III, do ano 1175, pola que os monxes poden seguir desfrutando dos dereitos xurisdicionais que lles correspondían de antigo.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de San Fiz de Rubián, do século XVI, aínda que moi reformada, presenta planta rectangular. A capela maior, sepárase da nave por un arco de medio punto, estando a sancristía apegada ó seu costado norte.
No lugar de Eimer está a Casa Torre de Eimer, con capela. Non se conserva a torre da casa, aínda que consta como reconstruída no século XVII, nin a solaina. Conserva un escudo de mármore na fachada leste.
No lugar do Gruñedo está a Casa Torre do Gruñedo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Fiz de Rubián
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Fiz de Rubián no concello de Bóveda (provincia de Lugo) | |
---|---|