Vilarbuxán, Bóveda
Vilarbuxán | |
---|---|
Igrexa parroquial | |
Concello | Bóveda[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°40′40″N 7°30′15″O / 42.67789058, -7.50416234 |
Poboación | 16 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Bartolomeu de Vilarbuxán é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda. Segundo o padrón municipal en 2008 tiña 25 habitantes (14 mulleres e 11 homes), catro máis ca en 1999. Ten unha única entidade de poboación, Vilarbuxán.
Limita coas parroquias de Castro de Rei de Lemos e A Cervela ao norte, Covela e San Fiz de Rubián ao leste, Rubián ao sur e Remesar ao oeste.
Historia
[editar | editar a fonte]Nun documento da Catedral de Lugo, datado en 1202, lese Villarbugia. Eclesiasticamente, a parroquia creouse en 1891, con terreos de San Fiz de Rubián, Remesar e Castro de Rei de Lemos.[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de San Bartolomeu de Vilarbuxán, reedificada a finais do século XIX, ten planta rectangular con muros de cachotería. A cuberta é de madeira e lousa a dúas augas. Ardeu na guerra civil, sendo reconstruída no ano 1941.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilarbuxán
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Vilarbuxán no concello de Bóveda (provincia de Lugo) | |
---|---|
Parroquias de Bóveda
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
- ↑ "Parroquia: San Bartomeu de Vilarbuxan". Concello de Bóveda (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2020. Consultado o 11 de xullo de 2020.