Luz Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Luz Castro Pena
Nacemento 1972
Lugar Ferrol, Galiza Galiza

María Luz Castro Pena,[1] nada no ano 1972 en Ferrol[2], é unha enxeñeira informática socia fundadora da empresa galega Imaxin Software e profesora na Universidade da Coruña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É enxeñeira informática pola Universidade da Coruña e durante a súa etapa universitaria fundou a Plataforma polo Galego na Informática[3]. Ao rematar a carreira creou cos seus socios Diego Vázquez Rey, Antonio Fernández Cabezas e José Ramom Pichel Campos a empresa Imaxin Software en 1997[4], onde dirixe a área de desenvolvemento de xogos educativos e produtos multimedia[5].

Entre os anos 2002 e 2004 foi vicepresidenta primeira da Mesa pola Normalización Lingüística[6][7]. Dende o ano 2008 tamén é profesora interina na Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña[3], onde imparte clases nas materias de Informática para a Creación de Web e Vídeo e Obradoiro de Creación Multimedia do Grao en Comunicación Audiovisual[8]. Entre 2008 e 2010 foi vicepresidenta da asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (Eganet)[5], e dende 2012 é representante da asociación na Rede de Mulleres en Informática (MUIN)[9].

Ademais, é membro do comité de dirección do Cluster TIC de Galicia[1][10][11], así como participante da Startup Galicia[12] e da LaconNetwork[13].

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 clusterticgalicia.com (ed.). "Entrevista a Luz Castro". Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  2. lastop100.com (ed.). "Luz Castro". Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Women Techmakers (ed.). "Luz Castro Pena". Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  4. profesionsdixitais.org (ed.). "XORNADA Faite Profesional Dixital dos Contidos Dixitais. Luz Castro" (PDF). Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  5. 5,0 5,1 Sarasqueta, Fernando. codigocero.com, ed. "A enxeñeira galega Luz Castro, recoñecida polo CPEIG". Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  6. culturagalega.gal (ed.). "A candidatura renovadora fíxose coa presidencia da Mesa pola Normalización". Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  7. "Vamos fornecer materiais de informática en galego". La Voz de Galicia. 25 de xuño de 2002. Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  8. "María Luz Castro Pena". Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  9. "Organigrama. Eganet". Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  10. clusterticgalicia.com (ed.). "Organización. Cluster TIC Galicia". Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  11. cpeig.org (ed.). "O CPEIG forma parte do Comité Estratéxico do Clúster TIC Galicia". Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  12. startup.gal (ed.). "Quen somos?". Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  13. Fernández, Marcus. codigocero.com, ed. "A semana que vén a LaconNetwork celebra os seus 6 anos de actividade". Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  14. "O CPEIG recoñece á enxeñeira informática Luz Castro co premio Ada Byron". El Correo Gallego. 18 de outubro de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  15. "A enxeñeira Luz Castro gaña o premio Ada Byron". La Voz de Galicia. 18 de outubro de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]