Santa María de Mones, Petín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°22′42.3″N 7°06′32.1″O / 42.378417, -7.108917

Santa María de Mones
ConcelloPetín
Poboación69 hab. (2013)
Entidades de poboación6

Santa María de Mones é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Petín. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 68 habitantes (33 homes e 36 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 91 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santa María de Mones, coñecida como "a nai de sete igrexas", é das máis importantes da comarca de Valdeorras, xa que nos seus arquivos inscribíanse nacementos e defuncións doutras parroquias, como Arnado (Vilamartín de Valdeorras).

O templo ten planta de cruz latina. O teito está cuberto cun artesoado de madeira decorado con pinturas policromadas en branco, negro e vermello. Antigamente o chan estaba empedrado con grandes lousas, pero na actualidade é de madeira. Nos grosos muros hai fiestras moi abucinadas, estreitas no exterior e anchas no interior. Na parede dereita, xunto a sancristía, había un mural pintado de negro e vermello que foi tapado ao cubrir con cemento as paredes de granito.

O campanario foi en orixe unha torre construída para vixiar, á que se accede por unha escaleira de caracol estreita e ventilada por un oco na parede de granito. As súas campás foron louvadas nun poema do petinés Rogelio Díaz.

O templo ten dous retablos do século XVIII. O retablo do Cristo está decorado con columnas salomónicas, follas e acios de uva, e o retablo de Santa Lucía con estipes.

No exterior, na parede sur, hai uns gravados do xogo do pai fillo nai. Á entrada do camposanto, contra a parede, hai unha cruz antiga.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Santa María de Mones[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Santa María de Mones no concello de Petín (Ourense)

Barxela | Carballal | As Fontelas | Outeiro | O Porto | Santa María

Parroquias de Petín[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Petín

Freixido (Sagrado Corazón de Xesús) | Mones (San Miguel) | Petín (Santiago) | Portomourisco (San Vítor) | Santa María de Mones (Santa María) | Santoalla do Monte (Santa Oalla)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]