Río Belelle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Belelle
PaísGalicia Galicia
NacementoGoente, As Pontes
Lonxitude31,4 km[1]
DesembocaduraRía de Ferrol
O Río Belelle ó seu paso por Neda.

O río Belelle é un curso fluvial da provincia da Coruña, que transcorre polos concellos da Capela, Cabanas, Fene e Neda. Dá acobillo a distintas zonas de grande riqueza paisaxística e ecolóxica. É coñecido pola súa fervenza (fervenza do río Belelle), e tamén pola súa idoneidade para a pesca da troita. A súa etimoloxía é de orixe claramente indoeuropea, podendo vir o nome, tanto do deus celta solar Belenos, facendo referencia á claridade das súas augas, ou tamén podería vir da palabra latina "uilla", que fai referencia a un asentamento agrícola nos arredores.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Club de Montaña de Ferrol". Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2012. Consultado o 27 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.