Saltar ao contido

Wikipedia:Como borrar páxinas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atallo:
WP:CBP

Nas operacións diarias da Wikipedia moitas páxinas novas se crean, algunhas das cales é preciso borrar. Mentres calquera pode baleirar de contido unha páxina e esa páxina pode ser editada e re-escrita de novo (o seu historial continúa accesible e pode ser recuperado). Pola contra as páxinas eliminadas desaparecen e con elas o seu historial, polo que se deben seguir certos pasos antes de borrar.

Pasos a seguir para eliminar unha páxina

[editar a fonte]

En primeiro lugar a proposta de eliminación debe adecuarse ás políticas e normas da Galipedia sobre borrar.

Se se cumpre esa premisa, poden darse dous casos principais:

  • Eliminación rápida: son aquelas que cumpren unha serie de requisitos que fan innecesario someter a votación o borrado da páxina.
    • Pode marcarse unha páxina como eliminación rápida, engadindo na parte superior do artigo unha mensaxe predefinida que automaticamente clasifica ese enderezo na lista de páxinas a limpar.
    • Os marcadores son dous {{Lixo}} e {{Lixoporque|motivo}}. A diferenza entre ambos é que o primeiro só engade unha mensaxe e o segundo tamén reseña os motivos da proposta.
  • Votacións para borrar: neste caso a mensaxe predefinida é {{Vpb}} e as páxinas pasan un proceso de comentario e votación polos usuarios ata que se decide o que facer finalmente con elas, non necesariamente borrar. É necesario ademais de poñer o marcador seguir un proceso de rexistro manual na páxina de Votacións para borrar seguindo as instrucións alí expostas.

Inclusión de mensaxes predefinidas

[editar a fonte]

Exemplos de mensaxes predefinidas:

  • Eliminación rápida {{Lixo}}:
  • Eliminación rápida {{Lixoporque|motivo}}:
  • Votacións para borrar {{Vpb}}:
  • Gloria va {{GloriaVa}}:
Ponse cando un artigo pretende facer eloxio gratuíto ou escarnio dunha persoa ou propaganda dunha institución. Ao contrario dos anteriores, non marca o artigo para borrar.

Exclusión desta lista

[editar a fonte]

Se vostede se atopa con que unha páxina debe ser excluída desta lista, retírea. No caso de facelo, escriba no campo Resumo baixo a caixa de edición os motivos polos que o fai. Se vostede é o autor da páxina por favor non retire a mensaxe.

Véxase tamén

[editar a fonte]

Outros artigos

[editar a fonte]

Frecha. Volver á páxina de axuda.