Usuario:IaRRoVaWo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ola, chámome Iago e son de Marín. Cheguei a esta wikipedia en abril do 2004 e son administrador tamén dende abril do mesmo ano. Estou aqui porque me gusta contribuir ao galego, ao software libre e porque é unha forma moi boa de aprender cousas novas.

Contribucións na Galipedia

Intento colaborar no que podo, aínda que non sempre teño tempo. Unha das cousas nas que colaboro habitualmente é na modernización ou profesionalización da galipedia, é dicir, colaboro para que a galipedia asemellese máis ás wikipedias importantes coma a wikipedia inglesa.
Os temas nos que traballei, traballo ou traballarei son: Ás veces doulle á páxina aleatoria e se atopo algún artigo que poida mellorar melloroo.

IaRRoVaWo

O meu nick remontase á metade ou finais dos anos 90, daquela eu non sabia o que era internet e tampouco sabia moi ben para que servia un ordenador. Un grupo de amigos tivemos que escribir o noso nome nun trapo, todos o escribimos ben agás un que decidiu trocar un pouco a grafia do seu nome. A súa idea pareceume boa e pensando achei que o meu nome poderia escribirse I@WO:
I = I
a = @ (aRRoVa)
g = W
o = o
Anos máis tarde cando xa descubrin o que era internet empregaba como nick The Cow Que Rie pero para algunhas cousas o nick era demasiado longo e tiña que usar un máis pequeno. Así foi como pouco a pouco comecei a empregar o nick IaRRoVaWo, primeiro só nalgúns poucos sitios pero ao final xa só emprego este nick.

Contactar

Podes contactar comigo na miña páxina de discusión. Tamén o podes facer polo IRC, o meu nick é IaRRoVaWo no iRC-Hispano. Tamén podes agregarme ao MSN Messenger ou enviarme un correo electrónico a iarrovawo@hotmail.com.

IaRRoVaWo'S CReaTioNS


wikt - an - ar - ast - ca - de - en - eo - es - eu - fr - gl - it - pl - pt - sv