Saltar ao contido

Vladimir Radmanović

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVladimir Radmanović

(2011) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Trebinje (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSerbia
Serbia e Montenegro
Iugoslavia Editar o valor em Wikidata
Altura208 cm Editar o valor em Wikidata
Peso103 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor em Wikidata - 2013 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua serbia Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAla-pivote e Ala Editar o valor em Wikidata
Convocado porSeattle SuperSonics Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1997-2001 KK Crvena zvezda
2001-2001 KK Železnik
2001-2006 Seattle SuperSonics
2006-2006 Los Angeles Clippers
2006-2009 Los Angeles Lakers
2009-2009 Charlotte Hornets
2009-2011 Golden State Warriors
2011-2012 Atlanta Hawks
2012-2013 Chicago Bulls Editar o valor em Wikidata
Participou en
2005Eurobasket 2005
2004Xogos Olímpicos de 2004
2002Campionato mundial de baloncesto de 2002 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMarija Kilibarda

Vladimir Radmanović (en cirílico: Владимир Радмановић), nado o 18 de novembro de 1980 en Trebinje, na antiga Iugoslavia, é un antigo xogador de baloncesto serbio. Mide 2,08 metros e xogaba de ala-pivote e de ala.

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Radmanović xogou na súa mocidade nos equipos serbios do Estrela Vermella de Belgrado e do KK Železnik. Alí permaneceu até 2001, data na que foi elixido no Draft da NBA.

Foi elixido na duodécima posición do Draft da NBA de 2001 polos Seattle Supersonics. Tras ter unha media de 6,7 puntos e 3,8 rebotes por partido, foi incluído no segundo mellor quinteto de rookies do ano. O catro seguintes tempadas tamén as xogaría cos Sonics, onde a súa progresión foi evidente, chegando practicamente a duplicar as cifras do seu ano de novato. Chegou a ser candidato ao premio ao Xogador con Maior Progresión en 2004, tras ter unha media de máis de 12 puntos xogando como sexto home. O 26 de xaneiro de 2005 anotou oito triplas contra os Los Angeles Lakers, o máximo da súa carreira até o momento.

Despois de expresar a súa frustración por non conseguir o posto de titular en Seattle, foi traspasado a Los Angeles Clippers a cambio de Chris Wilcox, onde fixo un gran final de tempada, conseguindo os seus mellores resultados en rebotes e asistencias, así como unha gran porcentaxe do 41,8% en tiros de tres puntos. En xullo de 2006, aceptou un contrato de 31 millóns de dólares por cinco anos con Los Angeles Lakers, a pesar de que os Clippers igualaban esa oferta. Porén, foi persuadido para unirse aos Lakers equipo da cidade por Kobe Bryant, Phil Jackson, Magic Johnson e o seu bo amigo Vlade Divac.

Durante o descanso do All-Star Weekend desa tempada, presentouse cunha lesión no ombreiro, dicindo que se produciu ao caerse nunha placa de xeo en Utah, o que lle provocou oito semanas de inactividade. Pero pouco despois revelou que a lesión realmente produciuse facendo snowboard, polo cal foi duramente multado polo club, ao practicar actividades perigosas. De todos os xeitos, acabou a tempada cunha media de 6,6 puntos e 3,3 rebotes por partido.

O 7 de febreiro de 2009 foi traspasado a Charlotte Bobcats a cambio de Adam Morrison e Shannon Brown.[1] O 16 de novembro de 2009, Radmanovic foi traspasado a Golden State Warriors xunto con Raja Bell a cambio de Stephen Jackson e Acie Law.[2]

O 10 de decembro de 2011, asinou un contrato cos Atlanta Hawks.[3] No seu primeiro partido cos Hawks o 26 de decembro de 2011, Radmanović anotou 17 puntos, roubou 4 balóns e repartiu 5 asistencias en 27 minutos de xogo.

O 19 de xullo de 2012, Radmanović asinou un contrato dun ano cos Chicago Bulls.[4]

  1. Radmanovic traded for Morrison, Brown
  2. "Bobcats acquire Stephen Jackson and Acie Law from Warriors". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2009. Consultado o 27 de marzo de 2010. 
  3. "Hawks sign veteran forward Radmanovic". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2011. Consultado o 11 de decembro de 2011. 
  4. "Bulls sign free agent forward Vladimir Radmanovic". NBA.com. 2012-07-19. Consultado o 2009-07-20. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]