Seattle SuperSonics
Aparencia
| Seattle SuperSonics | |
|---|---|
| Información xeral | |
| Conferencia | Oeste |
| División | Noroeste |
| Fundación | 1967 |
| Historia | Seattle SuperSonics (1967−2008) Oklahoma City Thunder (desde 2008) |
| Cores | Verde, dourado, branco |
| Localización | |
| Cidade | |
| Pavillón | KeyArena |
| Capacidade | 17.072 espectadores |
| Inauguración | 21 de abril de 1962 |
| Títulos | |
| Campión | 1 (1979) |
| Conferencia | 3 (1978, 1979, 1996) |
| División | 6 (1979, 1994, 1996, 1997, 1998, 2005) |
| supersonics.com | |
- Este artigo trata sobre a desaparecida franquía dos Seattle SuperSonics, para a franquía actual véxase: Oklahoma City Thunder.
Os Seattle SuperSonics (tamén coñecidos habitualmente como Sonics) foron un equipo profesional de baloncesto estadounidense con sede en Seattle, Washington, que xogou nas divisións Pacífico e Noroeste da National Basketball Association (NBA) dende 1967 até 2008. A partir da tempada 2007-08, a franquía trasladouse a Oklahoma City, xogando agora co nome de Oklahoma City Thunder. Con todo, o nome do equipo, o logo e as cores estarán dispoñibles no caso da volta dun equipo a Seattle.[1] De acordo cos donos do equipo Oklahoma, a historia da franquía será compartida entre os Thunder e calquera novo equipo futuro de Seattle.[2]
