KK FMP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "KK Železnik")
KK FMP
Información xeral
Nome KK ФMП
Liga KLS / ABA
Fundación 26 de marzo de 1975
Cores           Vermello, branco
Presidente Flag of Serbia.svg Nebojša Čović
Adestrador Flag of Serbia.svg Slobodan Klipa
Localización
Cidade Flag of Serbia.svg Belgrado, Serbia
Pavillón Železnik Hall
Capacidade 3.000
Inauguración 1 de xuño de 1973
Campionatos
ABA Liga 2 (2004, 2006)
Copa 4 (1997, 2003, 2005, 2007)
kkfmp.ksb.rs

O Košarkaški klub FMP (en serbio cirílico: KK ФMП), tamén denominado KK Železnik ou FMP Železnik, é un club profesional de baloncesto con sede no barrio de Železnik, en Belgrado, Serbia. Actualmente compite na Sinalko Superleague, a máxima categoría do baloncesto serbio, e na prestixiosa Liga do Adriático, onde se enfrontan equipos de tódalas repúblicas da antiga Iugoslavia. O FMP xoga os seus encontros como local no Železnik Hall, un pavillón con capacidade para 3.000 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

Década de 1970[editar | editar a fonte]

O club estableceuse baixo o nome de KK ILR Železnik o 26 de marzo de 1975 por iniciativa conxunta da compañía de maquinaria local Ivo Lola Ribar (ILR) e o consello de administración local de Železnik. Inicialmente, o club foi parte da Sociedade Deportiva Ivo Lola Ribar, que, ademais de baloncesto, contaba con equipos de fútbol, balonmán, voleibol, boxeo, birlos, tiro con arco e xadrez.

Nos seus modestos comezos, o club competiu na liga municipal de Belgrado, xogando os seus partidos como local na cancha descuberta de chan de cemento da escola primaria Braća Jerković. aínda que a liga municipal funcionaba durante o período de primavera-verán, o ILR Železnik tamén disputaba á liga de inverno de Belgrado co fin de manter o nivel de condición física até o comezo da seguinte tempada. O novo club foi ben recibido polos residentes do barrio de Železnik, que a miúdo enchían a pequena cancha, e mesmo facían viaxes para moitos partidos fóra de casa. Co tempo, como o interese no baloncesto creceu en toda a comunidade, e o club comezou a desenvolver un sistema para que puidesen participar mozos de tódalas idades.

Década de 1980[editar | editar a fonte]

Con máis experiencia no seu haber, o primeiro equipo do Železnik comezou a acadar notables resultados, avanzando o club dende as categorías inferiores. A mediados da década de 1980, chegou á liga provincial serbia. Con todo, o ascenso a un nivel máis alto supoñía tamén uns custos máis altos, e non se podían cubrir os gastos de aluguer dun pavillón de baloncesto no que competir. Así, o ILR Železnik cesaría as súas actividades de baloncesto en 1986.

Década de 1990[editar | editar a fonte]

O club estivo basicamente inactivo até 1991, ano no que conseguiu reactivarse como "FMP Železnik", baixo a iniciativa da compañía siderúrxica "Fabrika metalnih proizvoda AD" (FMP), que se converteu na propietaria do club de facto. Case de inmediato, o club continuou onde o deixara en 1986, e tras unha tempada na Segunda Provincial gañouse o ascenso á Primeira Provincial. Na tempada 1994-95, o FMP chegou á Segunda División da liga Federal de Iugoslavia, o segundo nivel máis alto do baloncesto iugoslavo. Ese ano, nunha tempada memorable, conseguiron o primeiro posto da liga tan só perdendo catro encontros, gañando o ascenso ao máis alto da liga iugoslava.

Celebrando o seu vixésimo aniversario, Železnik comezou a tempada 1995-96 competindo contra equipos como o KK Crvena zvezda, KK Vojvodina, Beobanka, Bobanik, KK Lovćen, Mladost ou Gorstak no nivel máis alto do país. Amosando a madurez conseguida ao longo dos anos, o club terminou a tempada regular no terceiro lugar, gañando así a entrada á YUBA Super Liga onde, fronte os equipos máis potentes do país, arranxáronse para evitar o descenso finalizando en novena posición.

A tempada 1996-97 foi aínda máis exitosa, acabado no terceiro ligar e a primeira aparición nos playoffs na historia do club. Sorprendentemente para moitos, o Železnik chegaron á postempada cando se toparon co KK Partizan. Nunha serie ao mellor de cinco, os xogadores Železnik lograron dar a sorpresa no segundo encontro, gañando 82-76 fóra da casa, mais non conseguiron finalmente pasar a pesar de ter os dous seguintes partidos en casa. O Partizan gañarou a serie 3 xogos a 1. Con todo, ese ano chegou o seu primeiro título, ao gañar a Copa.

Década de 2000[editar | editar a fonte]

Aos comezos do milenio o club conseguiu os seus maiores éxitos en toda a súa historia, tras conseguir tres copas máis, en 2003, 2005 e 2007 dúas Ligas do Adriático, en 2004 e 2006. Entre 2003 e 2005 o club chamouse KK Reflex, para pasar a chamarse actualmente KK FMP.

Pavillón[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Železnik Hall.

O Železnik Hall é o pavillón onde xoga so seus encontros como local o FMP. A cancha de baloncesto ten tres niveles e un área de 4.500 metros cadrados. Con varias estruturas asociadas, representan un complexo deportivo e de negocios moderno. Á parte dunha cancha con capacidade para 3.000 espectadores, hai un bloque de hidromasaxe, un centro especializado en diagnóstico médico e un moderno ximnasio de 200 metros cadrados. O estadio conta con iluminación escénica e altofalantes de 6 kW. Tamén unha sala de trofeos, sala de prensa con capacidade para 40 persoas e un hotel cunha superficie de 1.000 metros cadrados para o aloxamento dos xogadores de baloncesto.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

KK Železnik 2009-2010
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso
A/AP Flag of Serbia.svg Smiljanić, Ivan 1.98 m (6 ft 6 in)
E 4 Flag of Serbia.svg Čović, Filip 1.8 m (5 ft 11 in)
E 5 Flag of Serbia.svg Živanović, Stefan 1.96 m (6 ft 5 in) 95 kg (210 lb)
E 6 Flag of Serbia.svg Savić, Marko 1.96 m (6 ft 5 in)
AP 8 Flag of Serbia.svg Labović, Dragan 2.08 m (6 ft 10 in) 105 kg (231 lb)
P 9 Flag of Serbia.svg Marković, Nikola 2.08 m (6 ft 10 in)
B/E 10 Flag of Serbia.svg Lazić, Branko 1.93 m (6 ft 4 in)
AP 11 Flag of Serbia.svg Ilić, Nikola 2.06 m (6 ft 9 in)
B/E 12 Flag of Serbia.svg Stamenković, Pedja 1.91 m (6 ft 3 in)
P 13 Flag of Serbia.svg Raduljica, Miroslav 2.13 m (7 ft 0 in) 109 kg (240 lb)
E 14 Flag of Serbia.svg Protić, Nemanja 1.85 m (6 ft 1 in)
P 15 Flag of Serbia.svg Musli, Dejan 2.13 m (7 ft 0 in)
P 21 Flag of Serbia.svg Samardžiski, Predrag 2.11 m (6 ft 11 in) 120 kg (265 lb)
AP 22 Flag of Israel.svg Pnini, Guy 2.01 m (6 ft 7 in) 91 kg (201 lb)
B 24 Flag of Serbia.svg Jeremić, Mladen 1.93 m (6 ft 4 in)
A/AP 33 Flag of Serbia.svg Milutinović, Andreja 1.98 m (6 ft 6 in)
Adestrador
Asistente(s)
  • Flag of Serbia.svg Milivoje Lazić



Lenda
  • (C) Capitán
  • (E) Xoga só na Euroliga
  • (PE) Pasaporte europeo
  • (ca) Procede da canteira
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 29-04-2010

Palmarés[editar | editar a fonte]

Xogadores destacados[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]