Usuario:MAGHOI/Probas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Indicacións de uso do modelo

Aínda non se redactaron as instrucións sobre como usar este marcador.
Engadir a explicación sobre o seu uso.

Este recadro non aparecerá no artigo.
Os editores poden probar cambios no mesmo en Usuario:MAGHOI/Probas/probas.
Por favor, engade as categorías na subpáxina de documentación e os interwikis no Wikidata. Ver as subpáxinas deste modelo.

_________________________________________________________



Indicacións de uso do modelo

Aínda non se redactaron as instrucións sobre como usar este marcador.
Engadir a explicación sobre o seu uso.

Este recadro non aparecerá no artigo.
Os editores poden probar cambios no mesmo en Usuario:MAGHOI/Probas/probas.
Por favor, engade as categorías na subpáxina de documentación e os interwikis no Wikidata. Ver as subpáxinas deste modelo.

__________________________________________________________



Data Nome Cargo Emperador
344 Flavio Bonoso magister equitum Constante
344-348 Flavio Salia magister peditum Constante
350 Vetranión magister peditum (en Illyricum) Constante
342 Hermóxenes magister equitum Constancio II
342-347 Flavio Eusebio magister equitum

__________________________________________________________________________________________________________________________________

Segundo mandato (2013-2017)[editar | editar a fonte]

Biden asumiu o seu segundo mandato como vicepresidente de Obama, o 20 de xaneiro de 2013, nunha pequena cerimonia privada no Number One Observatory Circle, daquela a súa residencia oficial, que foi presidida pola xuíza Sonia Sotomayor e ó día seguinte foi cando se levou a cabo a cerimonia pública.[1] A finais dese mesmo ano, durante o proceso no que se aprobou, en outubro, a Lei de Asignacións para 2014, que solucionou o peche do goberno federal e a crise do teito de débeda coa que rematou 2013, Biden quedou fóra das negociacións porque o líder da maioría no Senado, Harry Reid, e mais outros líderes demócratas afastárono dos debates co Congreso porque crían que Biden fixera demasiadas concesión durante negociacións de decembro do ano anterior.[2][3][4] Un éxito de Biden, foi conseguir que se volvese autorizar, en 2013, a Lei de violencia contra as Mulleres coa que conseguii que se crease un Consello da Casa Branca sobre as mulleres e as nenas, que xa comezara a funcionar no primeiro mandato, así como un Grupo de Traballo da Casa Brancas para protexer aos estudantes da agresión sexual, que se formou en xaneiro de 2014 con Biden e Valerie Jarrett como copresidentes.[5][6]

Na política exterior, Biden apoiou rearmar aos combatentes rebeldes de Siria.[7] A medida que a insurxencia do ISIS en Iraq se intensificou en 2014, prestouse unha atención renovada ao plan de federalización iraquí Biden-Gelb de 2006, e algúns observadores suxeriron que, quizais, Biden tivera razón durante todo o tempo[8][9] e, mesmo, o propio Biden chegara a declara que os Estados Unidos perseguirían ao ISIS "até as portas do inferno".[10]

En Latinoamérica, Biden mantivo estreitas relacións con varios líderes latinoamericanos e foi un foco de atención importante, pois visitou a zona en 16 ocasións durante a súa vicepresidencia; máis que ningún presidente ou vicepresidente.[11]En agosto de 2016, Biden visitou Serbia, onde se reuniu co primeiro ministro serbio, Aleksandar Vučić, e expresou as súas condolencias polas vítimas civís da campaña de bombardeos durante a guerra de Kosovo.[12]Por outra banda, Biden nunca tivo que emitir un voto de desempate no Senado, o que o converteu no vicepresidente máis lonxevo con esta distinción.[13]

Papel na campaña presidencial de 2016

Durante o seu segundo mandato, adoitaba dicirse que Biden se estaba a preparar para a candidatura presidencial demócrata de 2016.[14] Moitos amigos e doantes, amais da súa familia, animárano a mediados de 2015 a participar na carreira e como os índices de apoio de Hillary Clinton tendían a diminuír nese momento, finalmente, se informou que Biden estaba considerando seriamente a posibilidade de establecer un comité de campaña: o "Draft Biden 2016".[14][15]

A finais de 2015, Biden aínda non estaba seguro de presentarse. Sentiu que a recente morte do seu fillo esgotara moito a súa enerxía emocional e dixo: "Ninguén ten dereito... a buscar ese cargo a menos que estea disposto a darlle o 110%".[16] Finalmente, o 21 de outubro, falando desde un podio no Rose Garden da Casa Branca, coa súa esposa e Obama ao seu carón, Biden anunciou a súa decisión de non presentarse á presidencia en 2016.[17][18][19]

Actividades posteriores (2017-2019)

Despois de deixar a vicepresidencia, Biden converteuse en profesor honorario da Universidade de Pensilvania, desenvolvendo o Penn Biden Center for Diplomacy and Global Engagement. Biden permaneceu nese posto até 2019, antes de postularse para presidente.[252][253] En 2017, Biden escribiu unhas memorias, Promise Me, Dad, e fixo unha xira de libros.[254] En 2019, el e maila súa muller informaron de que gañaran máis de 15 millóns de dólares desde o final da súa vicepresidencia mediante conferencias e vendas de libros.[255]

Biden permaneceu na esfera pública, apoiando a candidatos mentres seguía comentando sobre política, cambio climático e a presidencia de Donald Trump,[20][21][22] falando a favor dos dereitos LGBT, un asunto co que se relacionara moi estreitamente durante a súa vicepresidencia[23][24] ou apoiando os esforzos para atopar tratamentos para o cancro.[25] Tamén durante 2018, eloxiara ao senador John McCain pola súa aceptación dos ideais estadounidenses e as amizades bipartidistas.[26]

Campaña presidencial de 2020

Espectación e anuncio

Biden nun mitin en Filadelfia no inicio da campaña presidencial en maio de 2019

Entre 2016 e 2019, os medios de comunicación mencionaran, a miúdo, a Biden como un probable candidato á presidencia en 2020.[27] Cando lle preguntaron se ía se presentar, deu respostas esquivas e ambivalentes, dicindo "nunca digas xamais".[28] En xaneiro de 2018, formouse un comité de acción política coñecido como Time for Biden, que buscaba o retorno de Biden á carreira presidencial.[29] Finalmente, lanzou a súa campaña o 25 de abril de 2019,[30] dicindo que lle pediran que se presentase e, el mesmo, estaba preocupado pola administración Trump e sentía a "chamada do deber".[31]

Campaña

A medida que se avanzaba na campaña de 2020, numerosas enquisas publicadas presentaban a Biden como un dos candidatos demócratas con mellor valoración nun posible enfrontamento cara a cara con presidente Trump.[32][33][34] Cos demócratas moi centrados na procura dun candidato con posibilidades para derrotar a Trump,[35] aumentou a popularidade de Biden entre os votantes demócratas[36] o que levou a que Biden se convertise nun obxectivo frecuente das críticas de Trump.[37][38] Así, en setembro de 2019, informouse de que Trump presionara ao presidente ucraíno Volodymyr Zelenskyy para que investigase as presuntas actuacións ilícitas de Biden e do seu fillo Hunter Biden.[39] Mais a pesar das acusacións, non se presentou ningunha proba de ningún feito indebido por parte dos Biden.[40][41][42] O impulso que Trump facilitara para investigar aos Biden foi visto por moitos como un intento de prexudicar a candidatura de Biden de cara á campaña presidencial.[43] As supostas accións de Trump contra Biden provocaron un escándalo político[44] e o proceso de destitución de Trump pola Cámara de Representantes por abuso de poder e obstrución do Congreso.[45]

En marzo e abril de 2019, oito mulleres acusaron a Biden de casos anteriores de contacto físico inadecuado, como abrazar, tocar ou bicar.[282] Biden xa se chamou a si mesmo como un "político de contacto" e admitiu que este comportamento lle causara problemas.[283] O xornalista Mark Bowden describiu o hábito de toda a vida de Biden de falar preto, escribindo que "non só te coñece, que te engulle... achegándote" e inclinándose para falar.[284] En abril de 2019, Biden comprometeuse a ser máis "respectuoso co espazo persoal das persoas".[285]



Notas

  1. Rampton, Roberta (20 de xaneiro de 2013). "Vice President Biden sworn in to office for second term". reuters.com (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  2. Raju, Manu; Bresnahan, John; Sherman, Jake; Budoff Brown, Carrie (18 de outubro de 2013). "Anatomy of a shutdown". politico.com (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  3. Gaudiano, Nicole (13 de outubro de 2013). "Biden mostly out of sight as shutdown drags on". eu.usatoday.com (en inglés). 
  4. Bowman, Bridget (14 de outubro de 2013). "Biden takes a back seat during budget negotiations over shutdown". pbs.org (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  5. "RAPE AND SEXUAL ASSAULT: A RENEWED CALL TO ACTION" (PDF). obamawhitehouse.archives.gov (en inglés). xaneiro de 2014. Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  6. The White House (22 de xaneiro de 2014). "Memorandum -- Establishing a White House Task Force to Protect Students from Sexual Assault". obamawhitehouse.archives.gov (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  7. Friedersdorf, Conor (18 de setembro de 2014). "Who to Blame If Arming the Syrian Rebels Goes Wrong". theatlantic.com (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  8. Gerstein, Josh (13 de xuño de 2014 [actualizado 16 de xuño de 2014]). "Was Biden right?". politico.com (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  9. Kitfield, James (January 30, 2014). (30 de xaneiro de 2014 [actualizado 14 de setembro de 2014]). "Turns Out, Joe Biden Was Right About Dividing Iraq". nationaljournal.com (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  10. Grier, Peter (3 de setembro de 2014). "Joe Biden vows to chase Islamic State to 'gates of hell.' Does he mean it?". csmonitor.com (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  11. Paz, Christian (26 de outubro de 2020). "THE BIDEN DOCTRINE BEGINS WITH LATIN AMERICA". theatlantic.com (en inglés). 
  12. Redacción (16 de agosto de 2016). "Biden offers condolences for Serbs killed in 1999 NATO air strikes". reuters.com (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  13. Bycoffe, Aaron (7 de febreiro de 2017). "Pence Has Already Done Something Biden Never Did: Break A Senate Tie". fivethirtyeight.com (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2023. Doce vicepresidentes, incluido Biden, nunca romperon un empate; Biden foi o vicepresidente que máis tempo estivo no cargo sen ter que o facer 
  14. 14,0 14,1 Itkowitz, Colby (23 de marzo de 2015). "There is a ‘Draft Joe Biden’ super PAC now. It’s even hiring a fundraiser.". washingtonpost.com (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  15. Dowd, Maureen (1 de agosto de 2015). "Joe Biden in 2016: What Would Beau Do?". nytimes.com (en inglés). Consultado o 11 de outubro de 2023. 
  16. "Joe Biden still undecided on presidential run". bbc.com (en inglés). 11 de setembro de 2015. Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  17. Whitaker, Morgan (15 de xullo de 2016). "Biden says he will not seek 2016 Democratic nomination". aol.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  18. Reilly, Mollie (21 de outubro de 2015). "Joe Biden Is Not Running For President In 2016". huffpost.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  19. McCain Nelson, Colleen; Nicholas, Peter (21 de outubro de 2015). "Joe Biden Decides Not to Enter Presidential Race". wsj.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  20. Hurchins, Ryan (28 de maio de 2017). "Biden backs Phil Murphy, says N.J. governor’s race ‘most important’ in nation". politico.com (en eb). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  21. "The Democratic candidates on foreign policy". foreignpolicy.com (en inglés). 16 de xuño de 2020. Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  22. Greenwood, Max (31 de maio de 2017). "Biden: Paris deal ‘best way to protect’ US leadership". thehill.com (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  23. Dovere, Edward-Isaac (26 de marzo de 2014). "VP’s LGBT comments raise eyebrows". politico.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  24. Peoples, Steve (21 de xuño de 2017). "Joe Biden to LGBT gala: ‘Hold President Trump accountable’". seattletimes.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  25. O'Brien, Sara Ashley (12 de marzo de 2017). "Joe Biden: The fight against cancer is bipartisan". money.cnn.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  26. Friedman, Megan (30 de agosto de 2018). "Joe Biden Gave an Incredibly Powerful Speech at John McCain’s Memorial". townandcountrymag.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  27. Memoli, Michael A. (6 de decembro de 2016). "Joe Biden wouldn’t count out a 2020 run for president. But he was asked in an emotional moment". latimes.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  28. Wright, David (7 de decembro de 2016). "Biden stokes 2020 buzz on Colbert: ‘Never say never’". cnn.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  29. Redacción (10 de xaneiro de 2018). "New Quad City Super PAC: "Time for Biden"". wvik.org (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  30. Scherer, Michael; Wagner, John (25 de abril de 2019). "Former vice president Joe Biden jumps into White House race". washingtonpost.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  31. Dovere, Edward-Isaac (4 de febreiro de 2019). "Biden’s Anguished Search for a Path to Victory". theatlantic.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  32. Pratte Oates, Ashley (24 de xaneiro de 2019). "Joe Biden is the Democrats' best chance to beat Trump in 2020. No other liberal darling even comes close". nbcnews.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  33. Robillard, Kevin; Terkel, Amanda (17 de abril de 2019). "Every 2020 Democrat Wants To Be The Electable Candidate". huffpost.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  34. Pramuk, Jacob (5 de novembro de 2018). "Here’s how Biden, Sanders, Warren and other top Democrats are faring against Trump in national polls". cnbc.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  35. Barabak, Mark Z. (31 de xaneiro de 2020). "Desperate to beat Trump, Democrats differ over who is best". latimes.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  36. Scocca, Tom (12 de abril de 2020). "Biden’s Electability Only Works if There Is an Election". slate.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  37. Allen, Mike (25 de xullo de 2018). "Scoop: Trump fears Biden 2020, losing Pennsylvania". axios.com/ (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  38. Edelman, Adam (22 de marzo de 2018). "Trump attacks 'crazy' Biden in tweet as 'physically and mentally weak'". nbcnews.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  39. Kramer, Andrew E. (20 de setembro de 2019). "Ukraine Pressured on U.S. Political Investigations". nytimes.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  40. Isachenkov, Vladimir (27 de setembro de 2019). "Ukraine’s prosecutor says there is no probe into Biden". pbs.org (en inglés). Consultado o 20 de setembro de 2023. 
  41. "White House 'tried to cover up details of Trump-Ukraine call'". bbc.com (en inglés). 26 de setembro de 2019. Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  42. Brown, Matthew (15 de xaneiro de 2021). "Fact check: False conspiracy theories allege connection between Biden victory and Ukraine". usatoday.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  43. Mackinnon, (September 20, 2019, Amy (20 de setembro de 2019). "Is Trump Trying to Get Ukraine to Take Out Biden for Him?". foreignpolicy.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  44. Cullison, Alan; Ballhaus, Rebecca; Volz, Dustin (21 de setmbro de 2019). "Trump Repeatedly Pressed Ukraine President to Investigate Biden’s Son". wsj.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  45. Brooks, Matt (10 de febreiro de 2021). "Why was Donald Trump impeached the first time? Previous charges against the former US president explained". scotsman.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2023. 

En 2011 obtuvo el Premio Nacional de Promoción de la Artesanía.[1] Premio Nacional de Cerámica en el 2011[1]


Pandemia da COVID19

En marzo de 2020, presentou un ERTE para os noves traballadores da súa empresa Regal Cerámica por mor da pandemia da COVID 19 mais, inicialmente, veulle rexeitado no mes de maio[2] e pensou na liquidación final da empresa; mais, aos poucos, conseguiu a aprobación.[3]


[1]  La Xunta concede el ERTE al ceramista Otero Regal, que estudia ya cómo «reiniciar» la empresa (lavozdegalicia.es)

[2] Otero Regal se plantea liquidar su empresa por un galimatías relacionado con su ERTE (lavozdegalicia.es)

[3] La Xunta concede el ERTE al ceramista Otero Regal, que estudia ya cómo «reiniciar» la empresa (lavozdegalicia.es)

  1. https://www.premiosnacionalesdeartesania.com/2011-2/.  Falta o |title= (Axuda)