Saltar ao contido

Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (España)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
Logo
Tipoministério da agricultura, ministerio de España, ministério da alimentação, ministério da pesca e organización
Data de fundación12 de xuño de 1933
Director/aLuis Planas
SedePalacio de Fomento
PaísEspaña
40°24′32″N 3°41′25″O / 40.408888888889, -3.6902777777778
Na rede
https://www.mapa.gob.es/
BNE: XX5198634
editar datos en Wikidata ]
O Ministro Luís Planas, actual Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación é o departamento ministerial do Goberno de España competente para a proposta e execución da política do Goberno en materia de recursos agrícolas, gandeiros e pesqueiros, de industria agroalimentaria, de desenvolvemento rural e de alimentación. O seu actual titular é Luis Planas.[1]

Este ministerio creouse por primeira vez en 1981, con Calvo-Sotelo como Presidente, ao engadirse ao antigo Ministerio de Agricultura e Pesca (que apenas durou 7 meses) as competencias en alimentación e mantívose intacto 27 anos, até o segundo mandato de José Luís Rodríguez Zapatero, cando a reestruturación dos departamentos ministeriais de abril de 2008, as competencias pasaron ao Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño.[2]

O ministerio de agricultura recuperou a súa importancia cos gobernos de Mariano Rajoy, que creou o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente entre 2011 e 2016 e o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente entre 2016 e 2018.

Este ministerio foi reactivado polo Presidente Sánchez en 2018, perdendo as competencias no medio Ambiente a favor do novo Ministerio para a Transición Ecolóxica.

Competencias

[editar | editar a fonte]

Corresponde ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no ámbito das competencias do Estado, a elaboración da lexislación estatal nas materias agrícolas, pesqueiras e alimentarias; a proposta e execución das directrices xerais do Goberno sobre a política agraria, pesqueira e alimentaria; a representación do Estado nos organismos internacionais correspondentes a estas materias, sen prexuízo das competencias do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación; así como a coordinación de actuacións, a cooperación e a concertación no deseño e aplicación de todas as políticas que afecten o ámbito de competencias das comunidades autónomas e das restantes Administracións públicas, propiciando a súa participación a través dos órganos e instrumentos de cooperación adecuados.[3]

Estrutura

[editar | editar a fonte]

Dependen do Ministerio os seguintes órganos:

  • A Secretaría Xeral de Agricultura e Alimentación.
  • A Secretaría Xeral de Pesca.
  • A Subsecretaría de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Como órgano de apoio e asistencia inmediata, depende directamente do Ministro Agricultura, Pesca e Alimentación un Gabinete.

O contido deste artigo incorpora material publicado no Boletín Oficial do Estado, que se atopa no dominio público de conformidade ao disposto no artigo 13 da Lei de Propiedade Intelectual española.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]