Urea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Urea.

A urea (do grego ούρον, ouriños) é un composto químico cristalino e incoloro, de fórmula CO(NH2)2. Atópase de xeito abondoso nos ouriños e nas feces fecais. É o principal produto terminal do metabolismo de proteínas no home e nos demais mamíferos. Os ouriños humanos coneñen arredor duns 20g por litro, e un adulto elimina de 25 a 39g ao día.

Características[editar | editar a fonte]

En cantidades menores, está presente no sangue, no fígado, na linfa e mais nos fluídos serosos, e tamén nos excrementos dos peixes e moitos outros animais inferiores. Tamén a atopamos no corazón, nos pulmóns, nos ósos e nos órganos reprodutivos así como no seme. A urea fórmase principalmente no fígado coma un produto final do metabolismo. O azote da urea, que constitúe a meirande parte do nitróxeno dos ouriños, procede da descomposición das células do corpo mais, especialmente, das proteínas dos alimentos. A urea está presente tamén nos fungos así como nas follas e sementes de numerosos legumes e cereais.

É solúbel na auga mais no alcol, e lenemente solúbel en éter. Obtense mediante a síntese de Wöhler, que fora deseñada en 1828 polo químico alemán Friedrich Wöhler, e foi a primeira substancia orgánica obtida artificialmente.

Usos[editar | editar a fonte]

Por mor ao seu alto contido en nitróxeno, a urea preparada comercialmente emprégase na fabricación de adubos agrícolas. A urea emprégase tamén como estabilizador en explosivos de carbonocelulosa e é unha compoñente básica de resinas preparadas sinteticamente.

Así mesmo úsase nos pensos para o gado. É unha fonte de azoto non proteico que pode aproveitar a flora bacteriana que mora no sistema dixestivo dos ruminantes para producir proteínas, que nutren ao seu hóspede. É moito máis barato que as proteínas de orixe vegetal, e malia consumir calorías para converter a urea en proteína, resulta máis rendíbel. Pódense empregar outras fontes de azoto non proteico, coma o amoniaco ou nitratos, porén a urea é máis segura: as vacas eliminan polo cuspe a urea producida polo seu metabolismo e deste xeito a poden aproveitar. O leite de vaca tamén contén urea.

Na dermatoloxía a urea emprégase coma humectante natural polas súas excelentes propiedades hidratantes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]