MSDS

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplo dunha MSDS en formato norteamericano con información sobre como manipular substancias perigosas e a súa composición e propiedades.

Unha MSDS, ou folla de datos de seguridade dun material (do inglés Material Safety Data Sheet), é unha maneira de proporcionar datos das características dunha substancia en particular.

Proporciona datos da temperatura de fusión desa substancia, da súa temperatura de ebulición, da temperatura de inflamación, da súa reactividade, da súa toxicidade, efectos sobre a saúde, primeiros auxilios, precaucións ó manexala, modo de acción en caso de vertidos da mesma, maneiras de manipulala de xeito seguro, equipo a empreñar cando se manipula, etc.

O formato exacto de un MSDS pode variar segundo a fonte. As MSDS son un sistema amplamente utilizado para a información e catalogación da información sobre produtos químicos. As MSDS poden incluír as instrucións para o uso seguro e os perigos potenciais asociados a un certo produto químico.

Estanse a empregar MSDS onde queira que se encontren produtos químicos. Tamén hai a obriga de etiquetar correctamente substancias en base ao seu comportamento fisicoquímico, a súa incidencia na saúde e o seu risco ambiental. As etiquetas inclúen símbolos do perigo, tales como a cruz de Santo André, una cruz diagonal negra en un fondo laranxa, que se utiliza na Unión Europea para denotar una substancia perigosas ou irritantes.

As MSDSs para una substancia non están pensadas para uso do consumidor en xeral, senón para os que fan un uso habitual desa substancia. Por exemplo, un MSDS para una disolución de limpeza non é altamente pertinente para alguén que a utiliza unha vez ó ano, pero é extremadamente importante para alguén que fai uso dela nun espazo pechado 40 horas á semana.

Uso por países[editar | editar a fonte]

Nos EEUU esíxese que as MSDSs estean dispoñibles para os empregados, para as substancias potencialmente perigosas manexadas no lugar de traballo. En Canadá, existe un programa para os materiais perigosos nos lugares de traballo que establece os requisitos para MSDSs en lugares de traballo canadienses.

No Reino Unido, as regulacións de 2002 dos produtos químicos esixen informar dos perigos. Impoñen deberes ós que subministran as substancia e ós importadores das mesmas. A regulación 12 require que os patróns provean ós empregados da información, da instrución e o entrenamento para a xente exposta ás sustancias perigosas. Este deber sería case completamente imposible sen a folla de datos como punto de partida.

A Unión Europea require que as declaracións do risco e de seguridade (as R e as S) e un símbolo aparezan nas etiquetas e na folla de datos de seguridade. Consisten na letra R seguida por un número e na letra S seguida por un número.

En Alemaña esíxese que as substancias estean avaliadas polos seus efectos negativos sobre as augas. *WGK 1 se a sustancia non contamina a auga; *WGK 2 se a sustancia contamina levemente a auga. *WGK 3 a sustancia contamina a auga.