Saltar ao contido

Dermatoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dermatoloxía
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Estuda
Implicados
 Practicado por
Identificadores
Freebase/m/0jwpv Editar o valor en Wikidata
MeSHD003880 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2909963953, C16005928, C3018634341 e C2910774642 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 111293
Wikidata G:Commons C:Commons

A dermatoloxía[1] é unha especialidade médica que se ocupa do diagnóstico e tratamento clínico e cirúrxico das doenzas que acomente ao maior órgano do corpo humano, a pel, a cal ocupa unha área duns 2 metros cadrados nun individuo adulto. A especialidade engloba tamén as doenzas que afectan aos anexos cutáneos, isto é, cabelos e unllas, así como tamén as mucosas (boca e xenitais).

Outra denominación é a de dermatoveneroloxía, xa que a especialidade ten unha grande importancia no contexto das doenzas de transmisión sexual (venéreas).

A historia da dermatoloxía moderna comeza en Europa, entre os séculos XV e XVI, onde varios clínicos comezaron a se interesar polos problemas cutáneos. O primeiro libro de texto de dermatoloxía foi escrito en 1797, polo doutor Robert Willian. De feito, a Medicina comezou a salientar a cada vez máis a importancia da pel no organismo.

A dermatoloxía actúa en todos os procesos fisiopatolóxicos que envolven a pel: dende infeccións, até reaccións autoinmunes e inflamatorias, e tamén tumores.

A dermatoloxía é o estudo da pel.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para dermatoloxía.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.