Trofeos da Naisten Liiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Naisten Liiga entrega cada ano numerosos premios e trofeos para recoñecer os seus equipos e a persoas individuais involucradas na competición. De todos os premios, o máis importante é a Aurora Borealis Malja (en galego "Copa Aurora Boreal"), entregada ao equipo campión de liga logo da disputa dos play-offs. Entregada por primeira vez en 2010, a Aurora Borealis Malja foi financiada pola comunidade finlandesa no Canadá e substituíu a Sammon Malja.

Historia[editar | editar a fonte]

Trofeos aos equipos[editar | editar a fonte]

O primeiro trofeo entregado ao equipo campión da daquela denominada Naisten SM-sarja foi a Sammon Malja, que se entregou por primeira vez na tempada 1982-83, e seguiuse entregando ata a tempada 2009-10. Se ben a Sammon Malja tiña orixinalmente unha tapa, esta acabou perdéndose.[1]

Ao contrario do que ocorre na liga masculina, onde o campión da liga regular recibe o Trofeo Memorial Harry Lindblad e o campión dos play-offs e polo tanto campión finlandés recibe a Kanada-malja,[2] en 2022 na Naisten Liiga só existe un único trofeo, entregado ao equipo campión do campionato unha vez finalizados os play-offs, a Aurora Borealis Malja (en galego "Copa Aurora Boreal").[3] A copa foi introducida na tempada 2010-11, cando a competición aínda se denominaba Naisten SM-sarja e seguiu a empregarse unha vez a competición mudou cara á súa denominación actual en 2017.[4]

Trofeos e premios individuais[editar | editar a fonte]

Do mesmo xeito que a liga masculina finlandesa ou outras grandes ligas de hóckey sobre xeo como a National Hockey League (NHL), a Naisten Liiga entrega anualmente trofeos que recoñecen o traballo individual ao longo da tempada. Os premios están dirixidos principalmente ás xogadoras, mais tamén se entregan trofeos para recoñecer o labor arbitral e o labor dende o banco.

Os trofeos individuais máis antigos son os que premian á mellor puntuadora e á mellor goleadora. Ademais incluíronse premios que recoñecen o labor de xogadoras que compaxinan as súas carreiras deportivas cos estudos.

A maior parte dos trofeos levan o nome de xogadoras que salientaron especialmente na historia do hóckey sobre xeo feminino en Finlandia, xogando partidos internacionais coa selección nacional. Varias das xogadoras homenaxeadas forman parte ademais do Salón da Fama do Hóckey sobre Xeo Finlandés. Tan só un trofeo foi nomeado en honor a un home, o Trofeo Hannu Saintula, que premia ao mellor adestrador ou adestradora da tempada e recibe o seu nome do ex seleccionador finlandés Hannu Saintula.

Trofeos de equipo[editar | editar a fonte]

Ficheiro Trofeo  Creación Descrición Actual titular
Aurora Borealis Malja 2011 Entragada ao equipo campión dos play-offs e polo tanto campión finlandés. Entregouse por primeira vez na tempada 2010-11 e o primeiro equipo en erguela foi HPK de Hämeenlinna. Recibe o seu nome en honor da aurora boreal.[3] HIFK
Sammon Malja 1983 Foi a copa orixinal das campioas. Entregouse ao equipo campión de liga entre a tempada 1982-83 e a 2009-10,[1] cando foi substituída pola Aurora Borealis Malja.[3] Entregada por última vez en 2010 a Ilves

Premios e trofeos individuais[editar | editar a fonte]

Imaxe Premio  Creación Descrición Actual titular
Trofeo Riikka Nieminen 2009 Entregado cada ano á mellor xogadora da liga. Recibe o seu nome en honor a Riikka Nieminen, ex xogadora internacional coa selección finlandesa e membro do Salón da Fama do Hóckey sobre Xeo Finlandés, así como do Salón da Fama da IIHF.[5]
Trofeo Katja Riipi 2006 Outorgado cada ano á mellor atacante da liga.[6] Debe o seu nome á ex xogadora internacional coa selección finlandesa e membro do Salón da Fama do Hóckey sobre Xeo Finlandés Katja Riipi.[7]
Trofeo Päivi Halonen 2006 Entregado cada tempada á mellor defensora.[8] Recibe o seu nome en honor a Päivi Halonen, ex xogadora internacional con Finlandia e medallista nos campionatos de Europa e do Mundo.[9]
Trofeo Tuula Puputti 2006 Cada ano a Naisten Liiga entrega o trofeo á mellor porteira.[6] O seu nome fai referencia á porteira internacional e medallista con Finlandia nos campionatos de Europa, do Mundo e medallista olímpica Tuula Puputti.[10]
Trofeo Marianne Ihalainen 1983 Entregado cada ano á mellor puntuadora da liga.[11] Recibe o seu nome en honor a Marianne Ihalainen, membro do Salón da Fama do Hóckey sobre Xeo Finlandés, e medallista olímpica, mundial e europea coa selección finlandesa.[12] Michaela Pejzlova
HIFK
Trofeo Tiia Reima 1983 Outorgado anualmente á máxima goleadora da competición.[13] O trofeo homenaxea a Tiia Reima, a ex medallista olímpica, europea e mundial, e integrante do Salón da Fama do Hóckey sobre xeo finlandés.[14] Lisette Täks
K-Espoo
Trofeo Karoliina Rantamäki 2000 Entregado cada tempada á mellor xogadora, ou MVP, dos play-offs.[6] Recibe o seu nome en honor da xogadora Karoliina Rantamäki, medallista olímpica e mundial.[15] Clara Rozier
HIFK
Trofeo Emma Laaksonen 2011 Cada ano este trofeo premia o xogo limpo.[16] Leva o nome en honor a Emma Laaksonen, medallista olímpica e mundial, así como membro do Salón da Fama do Hóckey sobre Xeo Finlandés.[17]
Trofeo Noora Räty 2006 Outorgado anualmente á mellor debutante na competición.[18] Recibe o seu nome en honor á porteira Noora Räty, internacional con Finlandia e medallista olímpica e mundial, foi ademais a primeira muller finlandesa en xogar nun equipo masculino na liga Mestis.[19]
Trofeo Hannu Saintula 2012 Recoñece á mellor adestradora ou adestrador do ano.[20] Leva o nome do que foi seleccionador da selección feminina de Finlandia Hannu Saintula.[21]
Trofeo Sari Fisk 2011 Entregado cada tempada á xogadora co mellor rexistro plus–minus ao final da liga regular.[22] Foi nomeado en honor á ex xogadora Sari Fisk, medallista olímpica, europea e mundial, que xogou durante 23 tempadas na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés e integrante do Salón da Fama do Hóckey sobre Xeo Finlandés.[23] Clara Rozier
HIFK
Premio Anu Hirvonen Entregado á mellor árbitra da tempada.[6] Leva o nome de Anu Hirvonen, a primeira árbitra finlandesa en arbitrar unha final olímpica en 2006.[24]
Premio Johanna Suban 2015 A Naisten Liiga premia cada ano á mellor xuíz de liña entregando este premio,[6] nomeado así en honor á destacada xuíz finlandesa.[25]
Premio á atleta estudante 2016 Recoñece á mellor xogadora que compaxina a súa carreira deportiva cos estudos. Ella Välikangas
HPPK
Premio á atleta estudante Sub-18 2015 Recoñece á mellor xogadora por debaixo dos 18 anos que compaxina a súa carreira deportiva cos estudos. Amanda Julkunen
TPS
Casco Dourado 2022 Recoñece á mellor xogadora da Naisten Liiga por votación das propias xogadoras.[26]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Panel de descrición do obxecto na exposición do Museo finlandés do hóckey sobre xeo no verán de 2022 (consultado o 10 de xullo de 2022).
  2. "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 16 de febreiro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Mennander, Pasi (12 de marzo de 2013). "Tästä pokaalista pelataan - 15 faktaa Aurora Borealis -maljasta". leijonat.fi. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  4. "Naisten SM-sarja historiaan - Ensi kaudella pelataan Naisten Liigaa" (en finés). leijonat.fi. 21 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2017. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  5. Foster, Meredith (15 de xuño de 2019). "Team Finland legend Riikka Sallinen retires" (en inglés). theicegarden.com. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "Jääkiekkoliitto uudisti palkinnot: Pokaaleihin nimet Selänne, Koivu, Räty, Javanainen...". mtvuutiset.fi (en finés). 14 de novembro de 2010. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  7. "RIIPI KATJA" (en finés). Museo finlandés do hóckey sobre xeo. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  8. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Defenseman (Päivi Halonen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  9. "Jääkiekkoleijona numero 235: Päivi Virta (Halonen)" (en finés). Museo finlandés do hóckey sobre xeo. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  10. "Tuula Puputti" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  11. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Points (Marianne Ihalainen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  12. "Ihalainen, Marianne". Ilves Hockey Legends (en finés). Ilves. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  13. "Awards - Naisten Liiga (W) Most Goals (Tiia Reima Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  14. "REIMA TIIA" (en finés). Museo finlandés do hóckey sobre xeo. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  15. "Karoliina Rantamäki" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  16. "Awards - Naisten Liiga (W) Fair Play Player (Emma Laaksonen Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  17. "TERHO EMMA" (en finés). Museo finlandés do hóckey sobre xeo. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  18. "Awards - Naisten Liiga (W) Rookie of the Year (Noora Räty Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  19. "Rädyn Kiekko-Vantaa-paita Jääkiekkomuseoon". Turun Sanomat (en finés). 15 de febreiro de 2016. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  20. "Awards - Naisten Liiga (W) Coach of the Year (Hannu Saintula Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  21. "Pekka Hämäläinen naisleijonien luotsiksi". Ilta Sanomat (en finés). 11 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2009. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  22. "Awards - Naisten Liiga (W) Best Plus/Minus (Sari Fisk Award)" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  23. Loukkola, Pekka (21 de novembro de 2014). "Sari Marjamäki kiekkoaatelisten joukkoon – perhe elää jääkiekolle". Yle.fi (en finés). Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  24. Itälä, Sakari (22 de febreiro de 2006). "Anu Hirvonen tuomitsee naisten kiekkofinaalin". Turun Sanomat (en finés). Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  25. Markula, Siri (16 de marzo de 2004). "Tuomarin työ vaatii samanlaista harjoittelua kuin pelaaminenkin". Helsingin Sanomat (en finés). Consultado o 14 de xullo de 2022. 
  26. Seppä, Lassi (31 de maio de 2023). "Pelaajat ovat puhuneet: Elisa Holopainen on Naisten Liigan kauden arvokkain pelaaja". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 10 de xuño de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]