Villafranca de Duero
Coordenadas: 41°25′59″N 5°18′00″O / 41.43306, -5.30000
Villafranca de Duero | |
---|---|
![]() | |
Casa consistorial | |
Localización | |
País | ![]() |
Comunidade autónoma | ![]() |
Provincia | Valladolid |
Comarca | Tierra del Vino |
Xeografía | |
Altitude | 626 msnm |
Superficie | 10,4 km² |
Demografía | |
Poboación | 279 hab. (2017) |
Densidade | 26,83 hab/km² |
Outros datos | |
Código postal | 47529 |
Alcalde | José Antonio Seco López (PP) |
www.villafrancadeduero.ayuntamientosdevalladolid.es |
Villafranca de Duero é un concello español da provincia de Valladolid, en Castela e León. Como o seu nome indica, o lugar foi repoboado polos francos cara ao século XI.
Atópase na marxe esquerda do río Douro, preto do encoro de San José. Limita ao norte con Toro e ao oeste con Villabuena del Puente, os dous concellos na provincia de Zamora; ao sur con Castronuño e ao leste con San Román de Hornija.
A súa economía baséase nas actividades agrícolas e gandeiras. Produce viños brancos con DO Rueda e viños tintos con DO Toro.
Entre os seus monumentos destaca a Igrexa de Santa María Magdalena. As súas festividades máis importantes son as festas patronais de Santa María Magdalena (22 de xullo), San Isidro Labrador (15 de maio), San José Obrero (1 de maio), Santa Águeda (5 de febreiro), o Carnaval e o Mércores de Cinsa.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Villafranca de Duero ![]() |