Saltar ao contido

Sampiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSampiro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento956 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Zamora Editar o valor en Wikidata
Morte1041 Editar o valor en Wikidata (84/85 anos)
Bispo de Astorga
1034 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, presbítero, cronista, historiador Editar o valor en Wikidata

Sampiro, nado en Igrexa do Campo (O Bierzo), ou segundo outras fontes na Zamora[1], cara ao 956 e finado en Astorga no 1041, foi un clérigo e político do reino de León, un dos primeiros cronistas de nome coñecido. Posiblemente houbo personalidades contemporáneas á súa co mesmo nome[2].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Posiblemente naceu na localidade leonesa de Igrexa do Campo (preto de Cacabelos no Bierzo, ás veces confundida con Sorribas por ser na época considerada parte desa localidade[3]. Algún autor considera, analizando a documentación histórica, que puido nacer en Toro.[4]

Ingresou nun mosteiro, non se sabe se no de Sahagún ou no de San Miguel de Camarzana. Ante o perigo dos ataques musulmáns fuxiu a Zamora e posteriormente estableceuse na corte de León.

A súa crónica, que continúa as de Afonso III de Asturias, recompila os feitos que considerou máis relevantes entre 866 e o 982, en que se interrompe. Notario do rei Vermudo II (984-999), describiuno en termos eloxiosos: foi bastante prudente, confirmou as leis ditadas por Wamba, mandou abrir e estudar a colección canónica, amou a misericordia e o xuízo e procurou reprobar o mal e escoller o ben[5]. Cando o bispo Paio, que lle gardaba bastante rencor, reiniciou a recompilación cronística, substituíu eses eloxios de Sampiro por descricións máis crueis (como o alcume de gotoso co que pasou á Historia).

Despois Sampiro ocupou o cargo de mordomo (posto político de máxima confianza na Corte) con Afonso V (999-1028). Chegou a ser bispo de Astorga desde 1035[1].

  1. 1 2 Breve biografía
  2. ↑ Pérez de Urbel, op. cit.
  3. ↑ in terminum de Subripa quae est villa Sampiri, texto do Privilexio de Ordoño II a Carracedo (995, Yepes V, apéndice XXIX páx. 448). O tema trátase en López Valle, op. cit.. O erro de localización aparece en obras como a de Alonso op. cit. e Tomé op. cit.
  4. ↑ Carriedo Tejedo, Manuel. "¿Sampiro toresano?". Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán).
  5. ↑ "La pesadilla de Vermudo, Almanzor" Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine., artigo no Diario de León (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Pedro
 Bispo de Astorga 
1034 – 1041
Sucesor:
Pedro Gundulfiz