Televisión Canaria
Televisión Canaria | |
---|---|
Inicio das emisións | 21 de agosto de 1999 |
Propiedade de | Radio Televisión Canaria |
Formato da imaxe | 1080i HDTV |
País | España |
Lingua | castelán |
Área de emisión | Illas Canarias |
Nome(s) anterior(es) | Televisión Autonómica de Canarias |
Canle/s irmá(s) | Televisión Canaria NET |
Na rede
| |
www.rtvc.es |
A Televisión Canaria é a canle de televisión autonómica das Illas Canarias, pertencente ao ente público Radio Televisión Canaria. Comezou as súas emisións en 1999 baixo o nome de Televisión Autonómica de Canarias. A súa sede principal está en Santa Cruz de Tenerife.
Historia
[editar | editar a fonte]O proxecto de creación deste canal xorde nos anos 80 coa promulgación da lei 8/1984 da Comunidade Autónoma das Canarias relativa á Radiodifusión e Televisión Canaria. A primeira emisión prodúcese o 21 de agosto de 1999 co nome de Televisión Autonómica de Canarias (TVAC). Dous anos máis tarde pasou a denominarse "Televisión Canaria" utilizándose o eslogan "La Nuestra" para darlle publicidad entre os canarios. A súa sede está en Santa Cruz de Tenerife.
Emite para toda Canarias en formato analóxico e dixital (TDT). Ademais pode ser vista polo resto de España a través das plataformas dixitais. A canle internacional da Televisión Canaria emite para toda América, dende o Canadá á Arxentina cunha serie de contidos especiais que intentan achegar ós de alén do Atlántico. En 1998 a través dun concurso público concédese á Produtora Canaria de Televisión a xestión da programación e publicidade da canle.
A PCTV está integrada nun 40% polo grupo PRISA. Co paso do tempo a PCTV pasou a denominarse SOCATER (Sociedade Canaria de Televisión Rexional).
Entre outros servizos, como o subtitulaxe para xordos, a Televisión Canaria ten teletexto, o primeiro dentro do ámbito autonómico do arquipélago.
En abril de 2012 acadou un 8,6& de Share FormulaTV
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web da RTVC Arquivado 01 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.