Teófanes o Confesor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teófanes o Confesor
Nacemento759
Lugar de nacementoConstantinopla
Falecemento817
Lugar de falecementoSamotracia - Σαμοθράκη
NacionalidadeImperio Bizantino
RelixiónCristianismo ortodoxo
Ocupaciónhistoriador, escritor e cronista
Coñecido porChronicle of Theophanes
editar datos en Wikidata ]

Teófanes (en grego : Θεοφάνης ὁ Ὁμολογητής Theophánês ho Homologêtếs), nado en 758 en Constantinopla e finado en Samotracia en 818, chamado o Confesor ou o Isauro, foi un aristócrata bizantino que, tras un breve matrimonio, abandonou os seus privilexios para facerse monxe e asceta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tomou partido contra os iconoclastas e foi por iso encarcerado nunha prisión do Bósforo e posteriormente debeu exiliarse por orde de León V o Armenio. Teófanes é famoso por escribir unha Crónica que continúa a de Xurxo Sincelo, na que narra a historia do Imperio romano desde Diocleciano ata Miguel I Rangabé. Venérase como santo polas igrexas católicas romana e ortodoxa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]