Constantino Manasés
Constantino Manasés | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 1130 |
Lugar de nacemento | Constantinopla |
Falecemento | 1187 |
Lugar de falecemento | Lepanto |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Relixión | Cristianismo ortodoxo |
Ocupación | ministro, historiador, escritor, sacerdote e poeta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Constantino Manasés (en latín Constantinus Manasses, en grego Κωνσταντῖνος ὁ Μανάσση) foi un historiador bizantino do século XII, que viviu so o emperador Manuel I Comneno (que reinou do 1143 ao 1180).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Escribiu a obra Σύνοψις ἱστορική (sýnopsis historiké, Sinopse histórica) que relataba a historia desde a creación ata o 1081 cando sobe ao poder Aleixo I Comneno, en versos que foron denominados versos políticos pero que máis ben son de prosa rítmica.
Outra obra de Constantino Manasés, a novela bizantina Amores de Aristandro e Calitea, tamén en verso político, coñécese só a través dos fragmentos conservados nunha obra de Macario Crisocéfalo (século XIV). Manasés escribiu tamén unha breve biografía de Opiano, e algúns textos descritivos (todos eles, agás un, inéditos) acerca de arte e outros temas.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Constantino Manasés ![]() |