Ducas (historiador)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ducas
Nacementoc. 1400
Falecementoséculo XV
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupaciónhistoriador
editar datos en Wikidata ]

Ducas, nado ca. 1400 e finado despois de 1462, foi un historiador bizantino que floreceu durante o mandato de Constantino XI Paleólogo, o último emperador bizantino[1]. A obra de Ducas é unha das fontes máis importantes das últimas décadas do Imperio bizantino e da súa caída ante os otománs.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era neto de Miguel Ducas, que desempeñou unha función importante na guerra civil bizantina de mediados do século XIV.

A data do seu nacemento é descoñecida, do mesmo xeito que o seu primeiro nome. E mencionado por primeira vez en 1421, vivindo en Nova Focea e servindo como secretario do gobernador xenovés[1]. Despois da caída de Constantinopla, buscou refuxio en Lesbos, onde entrou ao servizo da familia gobernante dos Gattilusi.

Empregouse en varias misións diplomáticas ante a corte otomá.[1]. Tivo éxito na obtención dunha semi-independencia de Lesbos até 1462, cando foi tomada e anexada ao Imperio otomán polo sultán Mehmet II. Sábese que Ducas sobreviviu, pero non hai rexistro da súa vida posterior.

Obra[editar | editar a fonte]

Foi o autor dunha historia do período de 1341-1462, a súa obra continúa así a de Nicéforo Grégoras e Xoán Cantacuceno, e suplementou a de Xurxo Frantzes e Laónico Calcocondilas. Existe un capítulo preliminar da cronoloxía desde Adán a Xoán V Paleólogo.

Aínda que sen refinar en estilo, a historia de Ducas é á vez algo sensato e máis ou menos digno de confianza, e é unha fonte valiosa dos últimos anos do Imperio bizantino. O relato da caída de Constantinopla é de especial importancia. Ducas foi un firme partidario da unión das igrexas grega e latina, e presentase con amargura contra os que rexeitaron mesmo a idea de recorrer á axuda occidental contra os otománs.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Kazhdan (1991), p. 656

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]