Olimpiodoro de Tebas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 380 Tebas, Exipto |
Morte | c. 425 (44/45 anos) |
Actividade | |
Ocupación | historiador, filósofo |
Período de tempo | Imperio Romano |
Período de actividade | (Con vida en: 412 (Gregoriano) ) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | New Encyclopedic Dictionary (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) |
Olimpiodoro de Tebas, nado en Tebas, Exipto, c. 378 e finado despois de 425, foi un historiador, filósofo e diplomático do século V.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na cidade exipcia de Tebas no ano 378 e faleceu despois do ano 425, serviu como embaixador ante os hunos nos anos 412 e 413,[1] o que o converte nunha das principais fontes de información sobre este pobo.
É escritor dunha Historia en 22 libros[2] que abarca o transcurso dos anos 407 a 425,[3] sendo crucial para coñecer algúns acontecementos, como a invasión bárbara caníbal[4] das provincias hispanas no outono do ano 409, as rendas dos senadores romanos nos seus días[5] ou o asasinato do rei visigodo Ataúlfo en 415.[6] Con esta obra procurou dar o seu apoio a Estilicón no seu intento de reunificar o Imperio. O seu traballo perdeuse, pero é coñecido grazas a uns 40 fragmentos da biblioteca do escritor bizantino Focio e serviu como fonte da doutros autores como Zósimo[7] ou Sozomeno.
Está incluído na corrente filosófica denominada peripatética, seguidora polo tanto, das ideas de Aristóteles e aínda que era un pagán convencido, dedicou a súa obra ao emperador Teodosio II.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Heather 2005, p. 264
- ↑ "Monográfico sobre Olimpiodoro". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2010. Consultado o 30 de abril de 2010.
- ↑ Giusto Traina. "428 después de Cristo: Historia de un año". Consultado o 11 de marzo de 2013.
- ↑ Olimpiodoro indica que nalgunha cidade da Hispania houbo casos de canibalismo. Juan José Sayas Abengoechea, Historia Antigua de España (II). Uned 2001 ISBN 84-362-4398-6. Páx. 191.
- ↑ "Historia de Roma escrito por Pedro López Barja de Quiroga y Francisco Javier Lomas Salmonte". Consultado o 16 de xullo de 2010.
- ↑ "Ensayo sobre el asesinato de Ataulfo". Consultado o 14 de xullo de 2010.
- ↑ Zósimo baseouse en Olimpiodoro. Averil Cameron. El bajo Imperio Romano, 284-430. Páx. 218.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Heather, Peter (2005). Crítica/Círculo de Lectores, ed. La caída del imperio romano. Barcelona. ISBN 978-84-672-3049-9.
- E. A. Thompson, Olympiodorus of Thebes. Classical Quarterly 38 (1944): 43-52.