León o Diácono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
León o Diácono
Nacemento c. 950
Falecemento 992
Nacionalidade Imperio Bizantino
Ocupación historiador e escritor
editar datos en Wikidata ]

León o Diácono (en grego Λεών) foi un historiador bizantino do século X de cuxa vida persoal se coñece moi pouco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Caloe, ao pé de Monte Tmolo, preto das fontes do río Caistro. Seu pai chamábase Basilio. Foi a Constantinopla, onde seguiu os seus estudos (966), e fíxose partidario de Nicéforo II Focas, e el mesmo descríbese como un mozo neste tempo (nacería sobre o 950). Estaba en Asia cando foi deposto o patriarca Basilio I de Constantinopla e foi elixido o seu sucesor Antonio III (973 ou 974) e explica que neste tempo viu dous xemelgos duns trinta anos unidos polo costado. Foi ordenado diácono e como tal acompañou a Basilio II na súa desgraciada campaña contra os búlgaros o 981; despois do asedio de Tralitza (antiga Sárdica) escapou por pouco da catividade e fuxiu a terras seguras. Máis tarde xa non se sabe nada, pero a súa historia escribiuse despois do 989 posto que menciona a revolta e morte de Focas Bardas que ocorreu este ano. Viviu probabelmente ata polo menos o 993, posto que di que o emperador Basilio II restaurou en seis anos a cúpula de Santa Sofía, destruída por un terremoto en 987.

Obras[editar | editar a fonte]

As súas obras son:

  1. Ἱστορία Βιβλίοις ι', Historia Libris decem: Historia, en dez libros.
  2. Oratio ad Basilium Imperatorem: Discurso ao emperador Basilio.
  3. Homilia in Michaelem Archangelum: Homilía ao arcanxo Miguel.

Das dúas últimas consérvase un exemplar. A Historia inclúe un relato da expedición a Creta de Nicéforo Focas so Romano II (959), a morte de Xoán I Tzimisces (975), as vitorias do emperador Nicéforo I Tzimisces sobre os musulmáns en Cilicia e Siria e a reconquista destas terras ou de gran parte delas e as guerras contra búlgaros e rusos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]