Miguel I Rangabé
Aparencia
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 770 Constantinopla |
| Morte | 11 de xaneiro de 844 (Gregoriano) Kınalıada Mahallesi |
| Lugar de sepultura | Kınalıada Mahallesi |
| Emperador bizantino | |
| 2 de outubro de 811 – 22 de xuño de 813 ← Estauracio – León V o Armenio → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Cristianismo ortodoxo |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Familia | Dinastia niceforiana (pt) |
| Cónxuxe | Procópia |
| Fillos | Teofilacto, Inácio I de Constantinopla, Staurakios, Saint Paul of Xeropotamou |
| Pai | Teofilacto Rangabe |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 |
Miguel I Rangabé foi un nobre casado con Procopia, a filla de Nicéforo I, que foi nomeado emperador bizantino nunha revolta palaciana contra o seu cuñado Estauracio en 811.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Elixido co apoio do partido ortodoxo da Igrexa, Miguel perseguiu con dureza aos iconoclastas nas fronteiras setentrional e oriental do Imperio, pero ao mesmo tempo permitiu que os búlgaros saqueasen gran parte de Macedonia e Tracia. Cando decidiu enfrontarse a eles no campo de batalla na primavera de 813, foi derrotado preto de Versinikia e León V o Armenio sería elevado ao trono no verán. Miguel foi enviado como monxe á illa de Prote, onde viviu máis de trinta anos, ata a súa morte en 844.
| Imperio Bizantino | ||
|---|---|---|
Segue a: Estauracio |
Miguel I Rangabé | Precede a: León V o Armenio |
