Xoán Malalas
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 491 Antioquía do Orontes |
| Morte | c. 578 Constantinopla |
| Actividade | |
| Ocupación | historiador |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno dicionario enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Xoán Malalas ou Xoán Malelas (Ioannes Malalas ou Ioannes Malelas, en grego Ἰωάννης ὁ Μαλέλα ou Μαλάλα) foi un historiador bizantino nativo de Antioquía, situado entre o século VII e o século IX. Malalas ou Malelas é unha palabra do siríaco e quere dicir orador.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Escribiu unha historia entre a creación do mundo e a expedición de Marciano o sobriño de Xustiniano I a África (co cal acaba repentinamente). A historia está chea de feitos absurdos e outros curiosos, e só ten importancia pola época de Xustiniano e os seus inmediatos antecesores; outros emperadores son tratados moi brevemente (Arcadio só ten sete liñas) especialmente os do oeste. O estilo é bárbaro excepto cando copia outros.