Escitia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Extensión aproximada de Escitia e Sarmatia contra o 170 a.C.

Na antigüidade, a rexión coñecida como Scythia era unha grande área que abranguía dende a metade oriental de Europa e oeste de Asia até Asia Central.

Denominación[editar | editar a fonte]

Foron os gregos e mailos romanos os que crearon e empregaron a denominación. Escitia, era un termo sarmático e tracio introducido na lingua grega. Así, mentres, segundo Heródoto, os escitas chamábanse a si mesmos scoloti, os persas chamábanos saces (sacae).

Os escitas eran unha póla dos sármatas, do mesmo xeito que os eslavos e parte dos xermanos. As chamadas tribos escitas, inicialmente, non o eran todas aínda que, progresivamente, o termo se foi estendendo gradualmente a moitos pobos e tribos.

Os Tibiacae (en latín, tybiacae) foron un pobo de Escitia, á beira do Rha.

Referencias[editar | editar a fonte]

Homero e Hesíodo mencionan os primeiros grupos escitas cos nomes de abii, glactophagi e hippemolgi. Heródoto menciona aos escitas máis aló do Danubio; e tamén afirma que os masaxetas emigraron e que presionaron aos escitas e estes aos cimerios, que entraron no Bósforo e Asia (Media e Asia Menor).

Emporios[editar | editar a fonte]

Os escitas estableceron un emporio no Boristenes (río Dnieper) preto da costa; ao oeste atopábanse os callipidae, ao noroeste as alazones e ao norte os scythae aroteres; máis ao norte os neuri e aínda máis ao norte a "terra descoñecida". Todos eran grupos considerados escitas. Ao leste do Boristenes estaban os agricultores escitas ata Panticapea, e ao norte os andrófagos que non eran escitas e aínda máis ao norte a terra descoñecida. O Dnieper inferior era unha zona común para os escitas e os agricultores nómades.

Escitas reais[editar | editar a fonte]

Cando os escitas comezaron a construír palacios, foron coñecidos como escitas reais. A zona principal estaba no sur de Ucraína até Crimea e suponse que lles pertencía o centro comercial chamado Kremni, no Palus Maeotis. Ao norte dos escitas reais estaban os Melanchlaeni ("sombreiros negros", un nome equivalente a karakalpak), que non eran escitas, e máis alá de terras descoñecidas. Ao leste do Don as tribos eran denominada sármatas e non escitas.

Historia[editar | editar a fonte]

Os escitas foron un pobo nómade que vivía en Asia Central. Ao redor do século VII a.C. foron atacados por masaxetas e expulsados das súas terras. No reinado de Ciaxares, de Media, e Sadiates de Lidia, os nómades escitas invadiron a rexión dos cimerios, probablemente no norte do Cáucaso, quen foron expulsados cara o sur do Norte, que expulsados cara ao sur.

Os cimerios ocuparon Sardes en tempos do rei Ardis II (629 a.C.) pero foron expulsados polo seu fillo Aliates II; os escitas dirixíronse a Media e Ciaxares tivo que abandonar o cerco de Nínive para lles facer fronte pero foi derrotado e, durante uns 28 anos, os cimerios percorreron e saquearon a rexión. Posteriormente, continuaron cara a Exipto, dirixidos polo rei Marías, onde o faraón Psamético I rendeulles homenaxe. Á volta pasaron por Ascalón; foron derrotados polos medos ao redor do 596 a.C. e expulsados ao sur de Rusia. Parece que se mesturaron cos cimerios e deron ás tribos non escitas da zona o nome de sármatas.

Non obstante, non todos os escitas abandonaron o país. Unha parte aínda estaba en Media no 590 a.C. e algúns foron protexidos por Ciaxares de Media até que, como non cambiaron de hábitos, nun acto de crueldade expulsounos e cara os aliados de Lidia, que rexeitaron a súa entrega, o que levou á guerra (xa baixo Cresos, fillo de Aliates) cos medos, guerra que rematou coa batalla da Eclipse ou Halis no 585 a.C.

Guerras contra os persas[editar | editar a fonte]

Os escitas do sur de Rusia volvéronse parcialmente sedentarios, mentres que outra parte seguían a ser nómades. Polo 513 a.C, Darío invadiu dominios escitas no norte de Tracia. Daquela, os gelons, os budins e os sauromates (sármatas) xuntáronse aos escitas contra o rei persa, mentres que os agathyrsis, neuri, androphagi, melanchlaeni, e tauri quedaron fóra da alianza. Os tres aliados estaban gobernados por tres reis: Scopasis, Ianthyrsus e Taxacis, que defendían cadanseu territorio e queimaron as colleitas e envelenaron a auga para dificultar o avance dos persas. As fronteiras do Danubio e do Don convertéronse en lugares de loita: os budins foron os primeiros atacados e a súa cidade de madeira foi incendiada. Entón Darío desprazouse cara ao sur e oeste, pasando polo territorio dos Melanchlaeni, Neuri e Agathyrsis (estes últimos, ocupaban Transilvania na rexión do río Maros). Finalmente os persas, moi mal fornecidos, decidiron retirarse ao Danubio, mais os escitas anticipáronse e apoderáronse das pontes polo que o xeneral xónico Miltiades, ao servizo dos persas, aconsellou facer un pacto cos escitas. E chegouse un acordo polo cal os persas poderían regresar a Tracia.

Relacións co mundo greco-romano[editar | editar a fonte]

Tucídides menciona aos xetas como unha póla dos escitas e di que vivían ao norte das montañas Haemos de Tracia e na fronteira cos escitas. Contra eles loitou Filipo II de Macedonia, ao norte das montañas Haemos, onde foi ferido e, posteriormente, Alexandre Magno derrotou aos xetas e destruíu unha cidade.

Lisímaco de Tracia cruzou o Danubio, pero foi derrotado polos xetas e debeu a súa vida á xenerosidade do rei xeta Dromichaetes (312 a.C.).

O reino do Bósforo centrado en Panticapea tamén tiña aos escitas como veciños e foi un centro dun activo comercio entre escitas e gregos no que se intercambiaban cereais e escravos. As cidades gregas, ás veces eran independentes e ás veces pagaban tributo aos gobernantes escitas. Parisades do Bósforo, un rei presuntamente escita, gobernou sobre os meotes, que se subdividían en sindi, oraeti, dandarii, thetes e outros.

A partir do establecemento do Imperio romano, os escitas deixaron de ser mencionados baixo este nome e pasaron a ser mencionados como sármatas, dacios ou tracios.

Os hunos e os ávaros, tamén, tiveron unha importante contribución escita.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]