Filostorxio
Filostorxio | |
---|---|
Nacemento | 368 |
Capadocia | |
Falecemento | 439 e 433 |
Antioquia | |
Nacionalidade | Roma Antiga e Imperio Bizantino |
Ocupación | historiador da igrexa e escritor |
Coñecido por | Ecclesiastical History |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Filostorxio (en grego, Φιλοστόργιος en latín, Philostorgius), nado en Borissos (Capadocia) c. 368 e finado c. 439, foi un historiador bizantino eclesiástico de tendencia ariana[1].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Seguidor do arianismo[2] elaborou unha Historia eclesiástica, inspiradora do Epítome de Focio. Seu pai era un eunomiano que converteu a toda a familia. Aos vinte anos, durante o reinado de Arcadio foi a Constantinopla para completar os seus estudos. Coñeceu a Eunomio en Capadocia, o que lle influíu moito.
Filostorxio é sen dúbida o erudito máis sobresaliente da súa época, como o demostran as numerosas digresións dos seus traballos.
Historia eclesiástica[editar | editar a fonte]
Entre 425 e 433 compilou unha Historia eclesiástica en doce libros, ao principio do cisma ariano. A obra de Filostorxio, hoxe desaparecida, parece que incluía múltiples detalles, especialmente curiosidades xeográficas de Asia e África[3]. Contaba de moitos prodixios, monstros, milagres e outras marabillas. No epítome realizado por Focio, está o detalle particular polo que a visión de Constantino antes da batalla de Ponte Milvio — é dicir, aquela onde lle foi indicado de usar o signo da cruz para vencer a Maxencio — deuse de noite.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
- Ario.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Enciclopedia-Italiana". Consultado o 13 de decembro de 2013.
- ↑ Ramón Teja. "Cristianismo Marginado 1. Rebeldes, excluidos, marginados. De los orígenes al año 1000". Consultado o 16 de decembro de 2014.
- ↑ "conoze.com". Consultado o 31 de outubro de 2011.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Edward Walford. "Epítome de la Historia eclesiástica de Filostorgio, compilación de Focio, Patriarca de Constantinopla.". Consultado o 24 de octubre de 2009.
- "Biografía". Consultado o 14 de xullo de 2010 Unah biografía.