Debido á gran tradición musical na parroquia, en 1933 decidiuse crear unha banda, contratando o director da de Sanxurdo para tal fin. Pero o inicio da guerra puxo fin a este proxecto en 1936 tras tres anos de ensaios, xa que non chegaran a actuar en público. O falecemento dalgúns membros na contenda fixo que non se volvese falar da banda.