Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sidney Lumet , nado en Filadelfia o 25 de xuño de 1924 e finado en Nova York o 9 de abril de 2011 , foi un director , produtor e guionista de cine, teatro e televisión estadounidense . Foi nomeado ao Oscar ó mellor director catro veces, polos seus filmes Doce homes sen piedade (1957), A tarde dun día de cans (1975), Network, un mundo implacable (1976) e Veredicto final (1982).
Lumet foi un dos directores de cine máis prolíficos, realizando máis dunha película ao ano dende o seu debut en 1957. Principiou a súa carreira como director en Broadway , chegando a ser posteriormente director en televisión. O seu primeiro traballo cinematográfico, Doce homes sen piedade é considerado o seu mellor filme. Entre os temas das súas numerosas películas atopamos adaptacións de novelas, comedias negras ou dramas baseados en sucesos reais, como a sonada Serpico (1973).
En 2005 recibiu o Oscar honorífico polos seus "brillantes servizos aos guionistas, realizadores e á arte do cinema en xeral". En 2007 rodou o seu derradeiro filme Before the Devil Knows You're Dead (literalmente, Antes de que o diaño saiba que estás morto ).
Ano
Filme
Intérpretes
1957
Doce homes sen piedade
Henry Fonda , Lee J. Cobb
1958
Stage Struck
Henry Fonda , Susan Strasberg
1959
That Kind of Woman
Sophia Loren , Tab Hunter
1959
The Fugitive Kind
Marlon Brando , Joanne Woodward , Anna Magnani
1961
A View from the Bridge
Raf Vallone , Jean Sorel
1962
Long Day's Journey into Night
Katharine Hepburn , Ralph Richardson , Jason Robards
1964
The Pawnbroker
Rod Steiger , Geraldine Fitzgerald
1964
Fail-Safe
Henry Fonda , Dan O'Herlihy , Walter Matthau , Larry Hagman .
1965
The Hill
Sean Connery , Harry Andrews
1966
The Group
Candice Bergen , Joan Hackett
1967
Chamada para un morto
James Mason , Harry Andrews
1968
Bye Bye Braverman
George Segal , Jack Warden
1968
The Sea Gull
Vanessa Redgrave , Simone Signoret
1969
The Appointment
Omar Sharif , Anouk Aimée
1970
King: A Filmed Record... Montgomery to Memphis
Paul Newman (narración), Joanne Woodward (narración)
1970
Last of the Mobile Hot Shots
Lynn Redgrave , James Coburn
1971
Supergolpe en Manhattan
Sean Connery , Dyan Cannon , Martin Balsam
1972
Child's Play
James Mason , Robert Preston
1972
A ofensa
Sean Connery , Ian Bannen , Trevor Howard
1973
Serpico
Al Pacino
1974
Lovin' Molly
Anthony Perkins , Beau Bridges
1974
Asasinato no Orient Express
Albert Finney , Lauren Bacall , Sean Connery , Ingrid Bergman
1975
A tarde dun día de cans
Al Pacino , John Cazale
1976
Network, un mundo implacable
Peter Finch , Faye Dunaway , William Holden , Robert Duvall , Ned Beatty
1977
Equus
Richard Burton
1978
O meigo
Diana Ross , Michael Jackson , Nipsey Russell , Ted Ross , Richard Pryor , Mabel King , Lena Horne
1980
Just Tell Me What You Want
Alan King , Ali MacGraw
1981
O príncipe da cidade
Treat Williams , Jerry Orbach
1982
Deathtrap
Michael Caine , Christopher Reeve , Dyan Cannon
1982
Veredicto final
Paul Newman , Jack Warden
1983
Daniel
Timothy Hutton , Mandy Patinkin
1984
Garbo Talks
Anne Bancroft , Ron Silver
1986
Power
Richard Gere , Julie Christie , Gene Hackman
1986
The Morning After
Jane Fonda , Jeff Bridges
1988
Running on Empty
River Phoenix , Judd Hirsch
1989
Family Business
Sean Connery , Dustin Hoffman
1990
Q & A
Timothy Hutton , Nick Nolte , Armand Assante
1992
A Stranger Among Us
Melanie Griffith , John Pankow
1993
Guilty as Sin
Don Johnson , Rebecca De Mornay
1997
Anoitece en Manhattan
Andy García , Ian Holm , Lena Olin , Richard Dreyfuss
1997
Critical Care
James Spader , Kyra Sedgwick
1999
Gloria
Sharon Stone , George C. Scott
2004
Strip Search
Glenn Close , Maggie Gyllenhaal
2006
Declarádeme culpable
Vin Diesel , Alex Rocco
2007
Before the Devil Knows You're Dead
Philip Seymour Hoffman , Ethan Hawke , Albert Finney