Richard Burton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Richard Burton
Richard Burton - The Robe.jpg
Nacemento Richard Walter Jenkins
10 de novembro de 1925
Pontrhydyfen, Gales
Falecemento 5 de agosto de 1984
Céligny, Suíza
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Profesión Actor
Cónxuxe(s) Sybil Christopher (1949–1963)
Elizabeth Taylor (1964–1974; 1975–1976)
Suzy Hunt (1976–1982)
Sally Burton (1983–1984)
Ficha na IMDb

Richard Walter Jenkins, coñecido como Richard Burton, nado en Pontrhydyfen o 10 de novembro de 1925 e finado en Céligny, Suíza o 5 de agosto de 1984 foi un actor galés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Gales, fillo dun mineiro. De pequeño demostrou unha excelente memoria, ademais de talento para as linguas. Porén, o seu principal interese eran os deportes.

As súas primeiras interpretacións profesionais foron en obras de radio da BBC. Debutou no cinema en 1947. Cinco anos despois marchou a Hollywood. Durante a súa carreira seguiu alternando cinema e teatro, sendo recoñecido polas súas interpretacións en obras de William Shakespeare.

En 1963 protagonizou Cleopatra, onde coincidiu con Elizabeth Taylor. Os dous iniciaron unha tempestuosa relación amorosa que os levou a casar en dúas ocasións.

Finou en Suíza vítima dunha hemorraxia cerebral. A pesar do súpeto do seu pasamento, a súa saúde fora decaendo por mor do alcohol.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Richard Burton Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]