Saltar ao contido

Anthony Perkins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAnthony Perkins

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de abril de 1932 Editar o valor en Wikidata
Nova York Editar o valor en Wikidata
Morte12 de setembro de 1992 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Hollywood Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía
doenza relacionada coa SIDA Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Columbia
Brooks School (en) Traducir
Rollins College (en) Traducir
Buckingham Browne & Nichols School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura187 cm Editar o valor en Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1953 Editar o valor en Wikidata - 1992 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoCine western, filme de suspense, cinema de terror, cinema de terror psicolóxico, cinema negro, cinema dramático, cinema bélico, cinema de suspense psicolóxico, filme sobre crime, filme de misterio, filme de acción, cinema de aventuras, cinema de ciencia ficción, filme de deportes, cinema de comedia, cinema de ciencia ficción de terror, slasher e cinema de comedia de terror Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJeff Corey Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEpic Records Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeBerry Berenson (1973–1992) Editar o valor en Wikidata
FillosOz Perkins, Elvis Perkins Editar o valor en Wikidata
PaisOsgood Perkins Editar o valor en Wikidata  e Janet Esselstyn Rane Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fontebase de datos rexional da biblioteca da cidade de Olomouc >>>:Perkins, Anthony, 1932-1992, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000578 Allocine: 990 Rottentomatoes: celebrity/anthony_perkins Allmovie: p106120 14386 TV.com: people/anthony-perkins IBDB: 55927
Enciclopedia Galega Universal: 166599 BNE: XX1069446 Musicbrainz: f1f804da-7d94-4f92-bb1d-ff65d3d5edeb Discogs: 1248060 Allmusic: mn0000015860 WikiTree: Perkins-5345 Find a Grave: 2182 Editar o valor en Wikidata

Anthony Perkins, nado en Nova York o 4 de abril de 1932 e finado en Hollywood o 12 de setembro de 1992, foi un actor estadounidense de cinema e teatro, do que o seu traballo máis coñecido foi o seu papel como o asasino en serie Norman Bates no filme Psicose de Alfred Hitchcock (1960).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Perkins era fillo do actor Osgood Perkins (1891-1937) e a súa esposa Janet Esseltyn Rane. Os seus inicios no cine foron inmellorables: debutou no filme The Actress (1953), xunto a Spencer Tracy e Jean Simmons, e recibiu unha candidatura ao Óscar polo seu segundo traballo no filme Friendly Persuasion de 1956, protagonizado por Gary Cooper.

Despois rodou con varias das actrices máis destacadas: cunha moza Sophia Loren (Desire Under the Elms), Silvana Mangano (This Angry Age, 1958), baixo a dirección de René Clement, Audrey Hepburn (Green Mansions, 1959) e a debutante Jane Fonda (Tall Story).

Despois de participacións aclamadas en Broadway, como Té e simpatía con Joan Fontaine, interpretou o protagonista Norman Bates no filme Psicose.

Despois rodou Phaedra con Melina Mercouri, baixo a dirección de Jules Dassin, e realizou o papel de Joseph K. na adaptación ao cinema da obra de Franz Kafka O proceso, dirixida por Orson Welles. Tamén protagonizou Le scandale de Claude Chabrol e participou na superprodución Arde París? (1966) de René Clement. Posteriormente Perkins regresou aos Estados Unidos para realizar o papel dun mozo asasino en Pretty Poison (1968), o cal afectou o resto da súa carreira cinematográfica, que na década de 1970 entrou en declive. A pesar de todo, participou en filmes tan destacados como The Life and Times of Judge Roy Bean de John Huston, Asasinato no Orient Express (1974) e Mahogany (1975). Tamén coescribiu o guión do filme The Last of Sheila (1973) xunto co compositor Stephen Sondheim.

Aínda que a súa actividade no cinema perdeu forza nos anos setenta, Perkins seguiu gozando de éxito nos escenarios de Broadway: en 1974 con Equus, e en 1979 con Romantic Comedy, montaxe teatral que case chegou ás 400 representacións.

Protagonizou nos anos 1980 as secuelas e a precuela de Psicose: Psycho II (que foi un grande éxito de público), Psycho III (que dirixiu el mesmo) e Psycho IV: The Beginning. A pesar do éxito, a maioría dos seus traballos posteriores foron en telefilmes.

En 1991 recibiu o Premio Donostia á súa carreira, outorgado polo Festival de Cinema de Donostia. Nesas datas rodou o filme español Los gusanos no llevan bufanda, comedia dirixida por Javier Elorrieta.

Perkins foi diagnosticado co VIH durante a rodaxe de Psycho IV: The Beginning, e faleceu na súa casa dos Ánxeles o 12 de setembro de 1992 por unha pneumonía relacionada coa SIDA[1][2][3] con 60 anos.[4] A súa urna, coa inscrición "Don't Fence Me In", está nun altar nunha terraza da súa casa nos outeiros de Hollywood.[5]

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Perkins era extremadamente tímido, especialmente en compañía das mulleres.[6] Segundo a súa biografía póstuma Split Image de Charles Winecoff, tivo exclusivamente relacións homosexuais ata finais da trintena, incluídos o actor Tab Hunter, o artista Christopher Makos, o bailarín Rudolf Nureyev, o compositor Stephen Sondheim e o coreógrafo Grover Dale.[7] Perkins tamén foi descrito como un dos dous grandes homes na vida do compositor francés Patrick Loiseau.[8]

Perkins tivo a súa primeira experiencia heterosexual aos 39 anos coa actriz Victoria Principal[9][10] durante a rodaxe de The Life and Times of Judge Roy Bean en 1971.[6][11] Coñeceu a fotógrafa Berinthia "Berry" Berenson, irmá máis nova da actriz e modelo Marisa Berenson, nunha festa en Manhattan en 1972.[6] Casaron cando el tiña 41 anos e ela 25, o 9 de agosto de 1973 e tiveron dous fillos, o director Oz Perkins (nado en 1974) e o músico Elvis Perkins (nado en 1976).[12] Perkins e Berenson permaneceron casados ata a súa morte. En 2001, o día antes do noveno cabodano de Perkins, a súa esposa faleceu aos 53 anos nos atentados do 11 de setembro a bordo do voo 11 de American Airlines mentres volvía á súa casa a California tras unhas vacacións no Cabo Cod.[13]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas
1953The ActressFred Whitmarsh
1956Friendly PersuasionJosh Birdwell
1957Fear Strikes OutJim Piersall
1957The Lonely ManRiley Wade
1957The Tin StarSheriff Ben Owens
1957This Angry AgeJoseph DufresneTítulo alternativo: The Sea Wall
1958Desire Under the ElmsEben Cabot
1958The MatchmakerCornelius Hackl
1959Green MansionsAbel
1959On the BeachTte. Peter Holmes – Royal Australian Navy
1960Tall StoryRay Blent
1960PsychoNorman Bates
1961Goodbye AgainPhilip Van der Besh
1962PhaedraAlexis
1962Five Miles to MidnightRobert Macklin
1962The TrialJosef K
1963Le glaive et la balanceJohnny Parsons
1964Une ravissante idioteHarry Compton / Nicholas Maukouline
1965The Fool KillerMilo Bogardus
1966Arde París?Sgt. Warren
1967Le scandaleChristopher Belling
1968Pretty PoisonDennis Pitt
1970Catch-22Chaplain Tappman
1970WUSARainey
1970How Awful About AllanAllan ColleighTelefilme
1971Alguén detrás da portaLaurence Jeffries
1971A década prodixiosaCharles Van Horn
1972Play It as It LaysB.Z. Mendenhall
1972The Life and Times of Judge Roy BeanReverend LaSalle
1973The Last of SheilaCoguionista con Stephen Sondheim
1974Lovin' MollyGid Frye
1974Asasinato do Orient ExpressHector McQueen
1975MahoganySean McAvoy
1978Remember My NameNeil Curry
1978First, You CryArthur HerozTelefilme
1978Les MisérablesJavertTelefilme
1979Winter KillsJohn Cerruti
1979Twee vrouwenAlfred Boeken
1979The Black HoleDr. Alex Durant
1980North Sea HijackLou KramerTítulos alternativos: ffolkes e Assault Force
1980Deadly CompanionLawrence MilesTítulo alternativo: Double Negative
1983The Sins of Dorian GrayHenry LordTelefilme
1983Psycho IINorman Bates
1984Crimes of PassionReverend Peter Shayne
1986Psycho IIINorman BatesTamén director
1988DestroyerRobert Edwards
1988Lucky StiffDirector
1989Edge of SanityDr. Henry Jekyll / Jack "The Ripper" Hyde
1990Daughter of DarknessAnton / Prince ConstantineTelefilme
1990I'm Dangerous TonightProfessor BuchananTelefilme
1990Psycho IV: The BeginningNorman BatesTelefilme
1991A Demon in My ViewArthur Johnson
1992Los gusanos no llevan bufandaEl Mecano
1992In the Deep WoodsPaul Miller, P.I.Telefilme
  1. Goodman, Mark (28 de setembro de 1992). "One Final Mystery". Vol. 38, No. 13. People. Consultado o 22 de agosto de 2013.
  2. Weinraub, Bernard (16 de setembro de 1992). "Anthony Perkins's Wife Tells of 2 Years of Secrecy". The New York Times. Consultado o 22 de agosto de 2013.
  3. Ferrell, David (13 de setembro de 1992). "Anthony Perkins, 60, Dies; Star of 'Psycho' Had AIDS". Los Angeles Times. Consultado o 22 de agosto de 2013.
  4. "Anthony Perkins". TV Guide. Consultado o 22 de agosto de 2013.
  5. Wilson, Scott. Resting Places: The Burial Sites of More Than 14,000 Famous Persons, 3d ed.: 2 (Kindle Locations 36782-36783). McFarland & Company, Inc., Publishers. Kindle Edition.
  6. 1 2 3 Darrach, Brad (13 de xuño de 1983). "Return of Psycho". People 19 (23). Consultado o 3 de xaneiro de 2009.
  7. Winecoff, Charles (1996). Split Image: The Life of Anthony Perkins. New York City: Dutton. ISBN 0-525-94064-2.
  8. "La MST de Dave: son compagnon raconte…". Closer (en francés). 2 de maio de 2012. Consultado o 3 de novembro de 2016.
  9. "Great Factoids". People. 6 de marzo de 1989. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2015. Consultado o 24 de marzo de 2016.
  10. Kennedy, Dana (20 de setembro de 1996). "Split Image: The Life of Anthony Perkins". Entertainment Weekly. Consultado o 5 de febreiro de 2017.
  11. Tina Gianoulis. "Perkins, Anthony (1932-1992)". GLBTQ Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 18 de xuño de 2007.
  12. Hopkinson, Amanda (14 de setembro de 2001). "Berry Berenson". The Guardian. Consultado o 28 de agosto de 2009.
  13. Hopkinson, Amanda (14 de setembro de 2001). "Berry Berenson". The Guardian (Londres).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bergan, Ronald: Anthony Perkins: A Haunted Life. Londres: Little, Brown and Company, 1995; ISBN 0-316-90697-2.
  • Hilton, Johan: Monster i garderoben: En bok om Anthony Perkins och tiden som skapade Norm Bates. Estocolmo: Natur & Kultur, 2015; ISBN 978-91-271-3430-0. (en sueco)
  • Capua, Michelangelo "Anthony Perkins. Prigioniero della Paura". Torino, Lindau, 2003; ISBN 978-8867082759

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]